Otto Stern, nado en Sohrau o 17 de febreiro de 1888 e finado en Berkeley o 17 de agosto de 1969, foi un Físico alemán, nacionalizado estadounidense.
Traxectoria Stern naceu no seo dunha familia xudía en Sohrau (Żory) daquela parte do Imperio Alemán de Prusia (hoxe en día Polonia).
Estudou na Universidade de Breslau, sendo, posteriormente, profesor na Escola Técnica de Zürich, na Universidade de Frankfurt e na Universidade de Hamburgo. En 1933 dimitiu como profesor nesa universidade, trasladándose aos Estados Unidos de América , onde obtivo o cargo de profesor de investigación de física no Instituto Carnegie de Tecnoloxía (hoxe Universidade Carnegie Mellon) en Pittsburgh, Pensilvania.
miniatura|esquerda|Otto Stern, Lise Meitner (1937). Nos seus labores de investigación, calculou o momento magnético do átomo de prata. Tamén, achou para o momento magnético do protón un valor 2,5 veces maior que o predito pola teoría de Paul Dirac.
Foi galardoado en 1943 co premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os feixes moleculares, as propiedades magnéticas dos átomos e o descubrimento do momento magnético do protón nunha serie de experimentos realizados en colaboración con Walther Gerlach coñecidos popularmente como experimento de Stern-Gerlach.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Instituto Nobel .
Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en Żory Categoría:Premios Nobel de Alemaña