Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, Santa Cristina da Ramallosa e Baiona e pertence á comarca do Val Miñor e ó arciprestado de Miñor.

Segundo o IGE , tiña 1749 veciños en 2015 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (518), O Cruceiro (178), Os Eidos (150), Fontes (231), A Igrexa (121), As Laxes (442), O Río (104) e San Cosme (5). Algúns dos seus casais son: A Mouta, O Rial, A Sarimba, As Laxes de Quinós, O Chaparral (253) e Santa Marta (331).

Patrimonio miniatura|Capela de Santa Marta. Existen petróglifos en puntos moi diversos, algúns obsérvanse a simple vista, como os do Outeiro dos Lameiros e os da ermida de Santa Marta. Moitos outros atópanse semienterrados e non divulgados para os protexer dos estragos humanos. Tamén se conservan os restos dunha calzada romana e restos dun poboado castrexo na península de Santa Marta.

O nome da parroquia aparece documentado na Idade Media como Vayna. Pertenceu ao mosteiro de Oia até 1482, e daquela agregouna a Baiona o bispo de Tui Diego de Muros.

Dispón de fragas autóctonas á beira do río, de rutas rurais sinalizadas e de varios muíños restaurados. A uns minutos do *merendoiro da Chan da Lagoa, existen restos de muros, de pontes e de vivendas do poboado medieval de San Cosme, referente histórico para Baíña e do que hai lendas vivas coma a da Fonte Santa. Na península de Santa Marta existe unha ermida que queimou e profanou o pirata Francis Drake, quen se hospedou nesta parroquia antes de tentar conquistar Baiona. Posteriormente, a veciñanza reconstruíu esta ermida.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Baíña

Parroquias de Baiona

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme, 2008, Comunidade de Montes de Baíña. De Juan Ramón Martínez Barbosa e Xoán Martínez Tamuxe. Outros artigos Lugares de Baiona Encoro de Baíña

Ligazóns externas Descrición na páxina da diocese de Tui-Vigo.

Categoría:Parroquias de Baiona Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña