Quíos (, traducións alternativas Quío, Khios, Chiou, Chíos ou Híos) é a quinta illa grega máis grande, situada no mar Exeo está separada polo estreito de Cesme a sete quilómetros da costa de Anatolia en Turquía. Quíos é famosa polas súas exportacións de goma de masilla, as olivas, os figos e o viño. O seu alcume é A illa da masilla. É un coñecido punto turístico pola súa historia, paisaxes e bo clima. As atraccións turísticas inclúen os seus pobos medievais e o mosteiro de Nea Moni do século XI, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Administrativamente, a illa forma un municipio independente dentro da unidade rexional de Quíos, que forma parte da periferia do Exeo Setentrional. A cidade principal da illa e sede do concello é a cidade de Quíos.Kallikratis law Greece Ministry of Interior Os residentes locais refírense á cidade de Quíos como "Chora" ("Χώρα" significa literalmente, terra ou país, pero polo xeral refírese á capital ou asentamento no punto máis alto dunha illa grega).

Ten unha superficie de 910 km², incluíndo illotes, con 51.930 habitantes (2011).

Xeografía

A illa de Quíos ten forma de media lúa ou de ril, 50 km de longo de norte a sur e 29 km no seu punto máis ancho, ten unha superficie de 842 km². O terreo é montañoso e árido, cunha cadea de montañas que percorren a lonxitude da illa. As dúas montañas máis grandes son "Pelineon" (1297 m) e "Epopeia" (1188 m), están situadas no norte da illa. O centro da illa está dividida entre o leste e o oeste por unha serie de picos máis pequenos, coñecidos como "Provatas".

Rexións Quíos divédese en cinco rexións:

Costa leste miniatura|dereita|Parque en Quíos.

A medio camiño pola costa leste atópanse os principais centros de poboación, a cidade principal de Quíos, e as rexións de Vrontados e Kambos. Quíos, cunha poboación de 32.400 habitantes, está construída ao redor do porto principal da illa e do castelo medieval. O castelo actual, cun perímetro de 1400 m, foi construído basicamente durante a época de dominación veneciana e otomá, aínda que se atoparon restos de asentamentos datados no 2000 aC. A cidade foi substancialmente danada por un terremoto en 1881, e só conserva en parte o seu carácter orixinal.

Ao norte de Quíos atópase o gran barrio de Vrontados (poboación 4.500), que afirma ser o lugar de nacemento de Homero. O barrio atópase no municipio Omiroupoli, e a súa conexión co poeta baséase no sitio arqueolóxico coñecido tradicionalmente como "a rocha do profesor".Δασκαλóπετρα

Rexión Sur (Mastichochoria) miniatura|left|Vista da aldea de Pyrgi miniatura|Vista da localidade de Mesta

No sur da illa atópase Mastichochoria,Μαστιχοχώρια literalmente: Vilas Mastic, as sete vilas de Mesta (Μεστά), Pyrgi (Πυργί), Olympi (Ολύμποι), Kalamoti (Καλαμωτń), Vessa (Βέσσα), Lithi (Λιθί) e Elata (Ελάτα), que en conxunto controlan a produción de resina vexetal da zona desde a época romana. As vilas, construídas entre os séculos XIV e XVI, teñen unha estrutura coidadosamente deseñada con portas fortificadas e rúas estreitas para protexer contra as frecuentes incursións dos piratas. Entre Quíos e Mastichochoria atópanse un gran número de vilas históricas, incluíndo Armolia (Αρμόλια), Myrmighi (Μυρμήγκι), e Kalimassia (Καλλιμασιά). ao longo da costa leste están as vilas pesqueiras de Kataraktis (Καταρράκτης) e a ao sur Nenita (Νένητα).

Interior Directamente no centro da illa, entre as localidades de Avgonyma ao oeste e Karyes cara ao leste, atópase o mosteiro do século XI de Nea Moni, Patrimonio da Humanidade da UNESCO. O mosteiro foi construído con fondos dados polo emperador bizantino Constantino IX, logo de que tres monxes, que vivían en covas próximas, solicitáranllo mentres se atopaba no exilio na illa de Mitilene. O mosteiro tiña grandes leiras adxuntas, cunha próspera comunidade ata a matanza de 1822. Resultou aínda máis danado durante o terremoto de 1881. En 1952, debido á escaseza de monxes, Nea Moni converteuse nun convento.

Xeoloxía miniatura| Rocha de Santa Markella, patroa de Quíos

A bacía Quíos é unha sub-unidade hidrográfica do mar Exeo adxacente á illa de Quíos.C.Michael Hogan. 2011. Aegean Sea. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC

Clima O clima da illa é cálido e moderado, categorizado como tépedo, Mediterráneo (CSA), cunha variación modesta debido ao efecto estabilizador do mar circundante. As temperaturas medias varían normalmente dunhas máximas en verán de 27 °C a unha mínima no inverno de 11 °C en xaneiro, aínda que se poden atopar temperaturas de máis de 40° ou por baixo de cero.

A illa experimenta normalmente brisas constantes (media de 3–5 m/s) durante todo o ano, con ventos predominantes de dirección norte ("Etesian" vento chamado localmente "Meltemi"), ou do sueste (Sirocco).

Historia

miniatura| 180px | Mapa do século XVI de Quíos por Piri Reis

Etimoloxía Coñecido como "Ophioussa" (Οφιούσσα, "illa da serpe") e "Pityoussa" (Πιτυούσσα, "illa dos piñeiros") na antigüidade, no final da Idade Media a illa foi gobernada por varias potencias non-gregas e foi coñecida como Scio (xenovés), Chio (italiano) e Sakız (صاقيز — turco otomán). A capital durante ese tempo foi "Kastron" (Κάστρον, "castelo").

Prehistoria A investigación arqueolóxica en Quíos atopou evidencias de ocupación que se remonta polo menos á éra neolítica. Os sitios primarios da investigación deste período foron casas covas en Hagio(n) Galas, no norte, e un asentamento e unha necrópole na actual Emporeio no extremo sur da illa. Os estudosos carecen de información sobre este período. Polo que de momento non estableceron ben o tamaño e a duración destes asentamentos.

O Escola Británica de Atenas baixo a dirección de Sinclair Hood escavou o sitio de Emporeio en 1952-1955, a maior parte da información actual provén destas escavacións.Boardman, John Excavations in Chios, 1952–1955: Greek Emporio (London : British School of Archaeology at Athens; Thames and Hudson, 1967), cf. also Hood, Sinclair Excavations in Chios, 1938–1955: prehistoric Emporio and Ayio Gala (London : British School of Archaeology at Athens: Thames and Hudson, 1981–) ISBN 0-500-96017-8 O Servizo de Arqueoloxía grega tamén estivo escavando periodicamente en Quíos desde 1970, aínda que gran parte do seu labor na illa permanece inédito.

A notable uniformidade no tamaño das casas en Emporeio leva a algúns investigadores a crer que non existía distinción social durante a era neolítica na illa. Aparentemente todos os habitantes se beneficiaron da explotación agropecuaria.Merouses, Nikos Chios. Physiko periballon & katoikese apo te neolithike epoche mechri to telos tes archaiothtas. (Chios. Natural Environment & Habitation from the Neolithic Age to the end of Antiquity) pg. 80. Papyros, 2002

Tamén é amplamente sostido polos estudosos que a illa non foi ocupada polos seres humanos durante a Idade de Bronce Medio (2300-1600), aínda que os investigadores suxeriron recentemente que a falta de probas deste período só se pode demostrar pola falta de escavacións en Quíos e o norte do Exeo.Merouses 2002 ch. 4

No século XI aC a illa foi gobernada por unha monarquía, e a posterior transición á aristocrática (ou posiblemente á tiranía) ocorreu nalgún momento durante os seguintes catro séculos. Futuras escavacións poden revelar máis información sobre este período.Merouses 2002 ch. 5, sect. 1 A presenza no século IX de eubeos e Chipriotas na illa está testemuñada pola cerámica, mentres que a presenza Fenicia se observa en Erythrae, o competidor tradicional de Quíos no continente.I.S. Lemos, The Protogeometric Aegean 2002:240, and Euboean ceramics in the Archeological Museum, noted by Robin Lane Fox, Travelling Heroes in the Epic Age of Homer, 2008:60 note 59.

Períodos arcaico e clásico Ferécides, orixinario do Exeo, escribiu que a illa foi ocupada pola Léleges,Strabo 14.1.3 gregos aborixes que foron sometidos aos minoicos de Creta,Herodotus 1.171 finalmente foron expulsados pola invasión xónia.

Quíos foi un dos primeiros doce Estados membros da Liga Xónia. Como resultado, Quíos, a finais do século VII aC,Agelarakis A., "Analyses of Cremated Human Skeletal Remains Dating to the Seventh Century BC, Chios, Greece". Horos: Ena Archaeognostiko Periodiko 4 (1986): 145–153. foi unha das primeiras cidades en acuñar moedas, establecendo a esfinxe como o seu símbolo. Mantivo esta tradición case 900 anos.

No século VI aC, o goberno de Quíos adoptou unha constitución similar á desenvolvida por Solón en Atenas e posteriormente desenvolveu elementos democráticos cunha asemblea por votación e maxistrados populares chamados damarchoi.Grant, Michael (1989). The Classical Greeks. Guild Publishing London. p.149

No 546 aC, Quíos foi sometido ao Imperio Persa. Quíos uniuse á revolta xónia contra os persas no ano 499 antes de Cristo. O poder naval de Quíos durante este período demóstrase polo feito de que os Quíans tiñan a frota máis grande (100 barcos) de todos os xonios na batalla de Lade no 494 antes de Cristo. En Lade, a frota de Quíos continuou loitando tenazmente coa frota persa, incluso logo da deserción de Samos e outros, pero os Quíans foron finalmente obrigados a retirarse e someterse de novo á dominación persa.Herodotus, The Histories IV.15

A derrota de Persia na Batalla de Mícala no 479 antes de Cristo significou a liberación de Quíos da dominación persa. Cando os atenienses forman a Liga de Delos, Quíos uniuse como un dos poucos membros que non tiñan que pagar tributo, pero que fornecía as naves da alianza.Thucydides, Peloponnesian War 3.10.

Entre os séculos V e IV antes de Cristo, a illa chegou a unha poboación estimada de máis de 120.000 habitantes (de dúas a tres veces a poboación estimada en 2005), baseándose nas enormes necrópoles da cidade principal de Quíos. Crese que a maioría da poboación vivía nesa zona.Merouses 2002 ch. 5, sect. 3

No 412 aC, durante a Guerra do Peloponeso, Quíos rebelouse contra Atenas, e os atenienses sitiárona. O alivio chegou ao ano seguinte cando os espartanos foron capaces de levantar o sitio. No século IV antes de Cristo, Quíos era membro da Segunda liga ateniense, pero se rebelou contra Atenas durante a Guerra Social, 357-355 aC, e Quíos converteuse en independente outra vez ata o xurdimento de Macedonia.

Período helenístico Teopompo volveu a Quíos cos outros exiliados no ano 333 aC logo de que Alexandre invadise Asia Menor e decretase o seu regreso,A translation of the decree can be viewed online así como o exilio ou o xuízo dos partidarios persas na illa. Teopompo exiliouse de novo nalgún momento logo da morte de Alexandre e refuxiouse en Exipto.Anthon, Charles A Manual of Greek Literature, p.251, 1853

Durante este período, a illa tamén se converteu no maior exportador de viño grego, que se caracteriza por ser de calidade relativamente alta (ver "viño Chian"). Ánforas de Chian, cun característico emblema da esfinxe e acios de uvas, atopáronse en case todos os países cos que os antigos gregos comerciaron. Estes países inclúen Galia, Alto Exipto e o sur de Rusia.Hugh Johnson, Vintage: The Story of Wine pg 41. Simon and Schuster 1989

Período romano Durante a Terceira Guerra Macedónica, trinta e cinco barcos aliados a Roma, levaron ao redor de 1.000 soldados das tropas de Galacia, así como un gran número de cabalos, que foron enviados por Eumenes II ao seu irmán Atalo II.

Saíndo desde Elaea, dirixíronse ao porto de Phanae, con intención de desembarcar alí e ir a Macedonia. Con todo, o comandante naval de Perseo, Antenor interceptou a frota entre Erythrae (na costa occidental de Turquía) e Quíos.