O papiamento (/ˌpɑːpiəˈmɛntoʊ/) é unha lingua crioula de base portuguesa e castelá falada no Caribe Neerlandés. É a lingua máis falada nas illas caribeñas de Aruba, Curaçao e Bonaire, tendo status oficial en Aruba e Curaçao. O papiamento tamén é unha lingua recoñecida nos organismos públicos neerlandeses de Bonaire, Santo Eustaquio e Saba.Papiamento can be used in relations with the Dutch government.
Historia O papiamento orixinouse do pidgin portugués coñecido como Guene, falado polos escravos africanos traídos polos holandeses para o traballo na cana de azucre. Despois da toma de Cabo Verde por Portugal e a devolución de Nova Holanda á xurisdición portuguesa, algúns xudeus sefarditas portugueses de Cabo Verde e case todos os do nordeste brasileiro foron para as antillas holandesas, levando consigo o portugués. A lingua xudeu-portuguesa mesturarase co Guene dos escravos africanos, dando orixe á primeira forma do papiamento, no século XVIII. Coa administración do imperio colonial holandés nas illas, a influencia holandesa lega moitas palabras do seu idioma ao papiamento. No final do século XIX a influencia do español ocorre co contacto cos países veciños, especialmente Venezuela.
O nome procede da palabra papiá, que significa 'conversar', derivada orixinalmente da palabra portuguesa papear. Orixínase igualmente deste verbo coloquial o nome do crioulo de base lusófona de Malaca, o papiá kristáng. O verbo papiá aínda existe no crioulo caboverdiano, e significa falar.
Xa existen, emisoras de radio, canles de televisión e xornais en papiamento e dicionarios bilingües.
Táboa comparativa Galego Portugués Papiamento Crioulo de Guinea-Bissau Crioulo de Cabo Verde* **Benvido Bem-vindo Bon Bini Bô bim drito Bem-vindo***Bos días Bom Dia Bon dia bon dia Bon diaGrazas Obrigado Danki Obrigado ObrigaduComo vai? Como vai? Con ta bai? Kuma ku bu na bai? Módi ki bu sa ta bai?Moi ben Muito bom Hopi bon I bon dimás Mutu bonEstou ben Eu estou bem Mi ta bon Ami n´stá bon N sta dretuEu, Eu Son Eu, Eu Sou Mi Ami N, Mi ePase un bo día Tenha um bom dia Pasa un bon dia Pasa un bon dia Pasa un bon diaVéxote despois, ata logo Vejo você depois, Até logo Te aworo N´ta odjau dipus N ta odjâ-u dipôs, Te lóguComida Comida Cuminda Bianda Cumida Pan Pão Pan Pon Pon Refresco, Zume Suco, Refresco, Sumo Refresco Sumo SumuGústame Aruba Eu amo Aruba Mi stima Aruba N´gosta di Aruba N gosta di Aruba
*Variante de Santiago**Escrita adoptada neste exemplo: ALUPEC***Palabra en portugués usada en crioulo;
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en papiamento Bibliografía
Jacobs, Bart (2009). "The Origins of Old Portuguese Features in Papiamento". FPI/UNA, Curaçao.
Dicionarios Mansur, Jossy (1991). "Dictionary English-Papiamento Papiamento-English". Edicionnan Clasico Diario, Oranjestad. Ratzlaff, Betty (2008). "Papiamento-Ingles, Dikshonario Bilingual". TWR Jong Bonaire. Joubert, Sidney (2007). "Handwoordenboek Papiaments-Nederlands". Joubert Press, Willemstad. Van Putte, Florimon; Van Putte-De Wind, Igma (2005). "Groot Woordenboek Papiaments Nederlands". Walburg Press, Zutphen Kramer, Johannes (2015). "Etymologische Studien zum Papiamento". Buske Verlag, Hamburg. N.N., Los Editores (1876). GUIA para los españoles hablar papiamento y viceversa: Para que los de ... Marugg, Tip (1992). "Dikshonario Erotiko Papiamentu". Scherpenheuvel, Curaçao. Banko di Palabra – basic dictionary, based on the Unesco sponsored Papiamento spell checker Majstro English-Papiamento dictionary Glosbe English-Papiamento dictionary
Gramáticas Goilo, Enrique R. (2000). "Papiamentu Textbook". De Wit Stores, Oranjestad. Blankenburg, Eleanor (1986). "Basic Papiamentu Grammar for English Speakers". Blankenburg Edition, Bonaire. Frans-Muller, Xiomara (2017). "Papia Papiamentu ku mi". Expert book, Bonaire.
Categoría:Papiamento Categoría:Linguas crioulas de base portuguesa Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base castelá