A Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina (, en serbio: Фудбалска репрезентација Боснe и Херцеговинe, Fudbalska reprezentacija Bosne i Hercegovine, ) é o equipo representativo do país nas competicións internacionais oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina (Nogometni/Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine, N/FSBiH; Ногометни/Фудбалски Савез Босне и Херцеговине, Н/ФСБиХ), pertencente á UEFA. A selección naceu en 1995 tras o desmembramento de Iugoslavia. Antes dese evento, os xogadores bosníacos xogaban na .
Historia Aínda que a Asociación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina creouse en 1992, a selección nacional non debutou ata 1995, tras o fin da Guerra dos Balcáns. En 1996 a Federación bosníaca foi aceptada como membro da FIFA, o que permitiu ao combinado nacional disputar as eliminatorias de acceso á Copa Mundial de 1998. Xogou o seu primeiro partido oficial o 9 de setembro de 1996, perdendo por 3-0 ante Grecia. A primeira vitoria de Bosnia e Hercegovina chegou o 6 de novembro de 1996 nun encontro amigable contra Italia, que terminou 2-1. Tan só catro días despois chegaba a primeira vitoria en partido oficial, contra Eslovenia, por idéntico resultado.
Ata a data, a selección bosníaca non logrou a clasificación para a fase final en ningún evento internacional de importancia. Con todo, quedou ás portas de acceder á Eurocopa 2004, onde non clasificou por tan un gol de diferenza ante o seleccionado de Dinamarca. Na seguinte cita, a clasificadora para o Mundial de 2006, os bosníacos confirmaron a súa progresión. Aínda que non logrou clasificarse, Bosnia-Hercegovina terminou a terceira do seu grupo, con resultados de mérito como a súa vitoria sobre Bélxica ou o seu empate en España. A clasificación a un mundial sería acadada para a edición de , onde caeron na fase de grupos.
Bosnia e Hercegovina nos Mundiais Copa do Mundo FIFA: Sen participación . 1930 a 1994 - Sen participación; Parte de Iugoslavia . 1998 a 2010 - Non se clasificou 2014 - Primeira fase 2018 - Non se clasificou
Eurocopa Eurocopa: Sen participación. 1960 a 1992 - Sen participación; Parte de Iugoslavia. 1996 - Sen participación. 2000 a 2016 - Non se clasificou.
Xogadores Máis aparicións
A 18 de novembro de 2019, os xogadores que máis encontros disputaron coa selección de Bosnia e Hercegovina son: #XogadorPeríodoXogosGoles1Edin Džeko2007–107582Emir Spahić2003–20189463Miralem Pjanić2008–92154Zvjezdan Misimović2004–201885255Vedad Ibišević2007–201883286Asmir Begović2009–6207Haris Medunjanin2009–20186098Senad Lulić2008–5749Elvir Bolić1996–2006512210Edin Višća2010–5010
Máximos goleadores A 18 de novembro de 2019, os xogadores que máis encontros disputaron coa selección de Bosnia e Hercegovina son: #XogadorPeríodoGolesXogosMedia1Edin Džeko2007–581070,542Vedad Ibišević2007–201828830,343Zvjezdan Misimović2004–201825850,294Elvir Bolić1996–200622510,435Sergej Barbarez1998–200617470,356Miralem Pjanić2008–15920,167Elvir Baljić1996–200514380,378Zlatan Muslimović2006–201112300,409Edin Višća2010–10500.2010Haris Medunjanin2009–20189600,15
Seleccionadores
Nome Período Fuad Muzurović 1995−1998 Džemaludin Mušovic 1998−1999 Faruk Hadžibegic 1999 Drago Smajlović 2000−2001 Blaž Slišković 2002−2006 Fuad Muzurović 2007 Meho Kodro2008 Miroslav Blažević2008−2009 Safet Sušić2010−2014 Mehmed Baždarević2015−2017 Robert Prosinečki2018−2019 Dušan Bajević2020−
Véxase tamén
Ligazóns externas Federación de Bosnia e Hercegovina RSSSF - Arquivo de partidos e resultados desde 1993 RSSSF - Lista de internacionais e goleadores de Bosnia-Hercegovina
Categoría:Fútbol en Bosnia e Hercegovina