Ernest Thomas Sinton Walton, nado en Dungarvan, Irlanda, en 1903 e finado en Belfast, Irlanda do Norte, en 1995, foi un físico e profesor universitario irlandés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1951. Traxectoria Naceu o 6 de outubro de 1903 na cidade irlandesa, naqueles momentos parte do Reino Unido, de Dungarvan, fillo dun ministro metodista. Graduouse en física no Colexio Metodista de Belfast o ano 1922 e no Trinity College da Universidade de Cambridge o 1927. O 1936 foi profesor de física nesta última escola superior, conseguindo en 1946 a cátedra Erasmus Smith de Filosofía Natural e Experimental, cargo que ocupou ata o 1974.
Ernest Walton morreu o 25 de xuño de 1995 na cidade de Belfast. Investigacións científica Desde 1927 ata o ano 1934 dedicouse á investigación en física nuclear baixo a dirección de Ernest Rutherford, na Universidade de Oxford, e colaborou con John Cockcroft na construción dun dos primeiros aceleradores de partículas sendo os primeiros en desintegrar un núcleo atómico con partículas subatómicas.
O ano 1951 foi galardoado, xunto con John Cockcroft, co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a transmutación dos núcleos atómicos mediante o uso de partículas artificialmente aceleradas.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1951
Categoría:Físicos de Irlanda Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados no condado de Waterford Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Premios Nobel de Irlanda Categoría:Alumnos do Trinity College Dublin