O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello do Grove dende 1992. Estableceuse coa finalidade de promover a vida e obra de Manuel Lueiro Rey.
Historia Nun principio era un certame literario que prevía dúas modalidades: narración curta (para maiores de 18 anos) e narración xuvenil. A extensión dos orixinais modificouse nas primeiras edicións e a partir da IV faise constar na acta de xurado a vontade de que o premio tivese continuidade nos anos seguintes.
Na V convocatoria o certame pasa a ser monolingüe en galego e redúcese a unha única modalidade sen requisitos de idade. Na VII edición muda a súa especialización substituíndo a de "narración curta" pola "novela curta".
En 2019 a súa dotación económica era de 3000 euros.
Obra premiada Edicións Ano Gañador/a Finalistas1ª1992 Categoría A: Miguel Anxo Benavente GarcíaCategoría B: Manoel Riveiro LoureiroCategoría A. 2º Premio: Iría Villar FemádezCategoría B. 2º Premio: Mariano José Manuel Cabrero Figueiro. 3º Premio: Ramón Caride Ogando2ª1993 Categoría A: Mariano Cabrero FigueroCategoría B: Manuel Besteiro BoudónCategoría C: José Manuel Pico Arroyo3ª1994 4ª1995 Categoría A: Virgilio Rodríguez, Amanda Mariñas, Pablo VázquezCategoría B: Xoán Xosé Piñeiro, Juan Manuel de Fraga, Manuel Ribeiro 5ª1996 Rosa Aneiros: Xogo de espellos María Dolores Diaz-Ambrona de Llera (Gato y la sabiduría) e María Fernández Viñas (Pequena memoria)6ª1997 Francisco Castro: Play-back Antón Lopo (O riso de Isobell Hill) e Xosé Carou Rei (O bebedizo de Lúa)7ª1998 Inma López Silva: Canción de amor india Rosa María Vidal Vázquez (A curvatura das chemineas) e Manoel Riveiro Loureiro (Un cuarto de século)8ª1999 José Luis Álvarez Pérez Inma López Silva, Xosé Carlos Caneiro, Beatriz Dacosta, O cabalo das sete cores.9ª2000 Manuel Darriba: Velada do billarista Xabier Cid: Terá as túas balas10ª2001 Santiago Jaureguizar: Breve crónica universal da clase obreira11ª2002 Xabier López López: O mono no espello Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto12ª2003 Pilar Buela: Ácaros verdes13ª2004 Teresa Moure: A xeira das árbores Paulino Pereiro: Sinfonía cíclica14ª2005 Manoel Riveiro Loureiro: Xullo-Agosto Xurxo Sierra Veloso: Licor de abelá con xeo15ª2006 Mariña Pérez Rei: Canícula Xavier Franco Alonso: Aínda16ª2007 Ramón Caride Ogando: O frío azul17ª2008 An Alfaya: Areaquente18ª2010 Chelo Suárez: As horas rotas19ª2011 Mario Regueira: Outono aquí20ª2012 Juan Tallón: Fin de poema21ª2013 Deserto22ª2014 Antonio Pichel Beleiro: Xente que nunca antes morrera23ª2015 Antonio Piñeiro: O Noiro24ª2016 Lionel Rexes: A raíña das velutinas25ª2018 Henrique Dacosta López: Illas a Sotavento.26ª2019 Ignacio Vidal Portabales: Lara e Sabela27ª2020 Antonio Piñeiro: Trávelin28ª2021 Lionel Rexes: A montaña do poeta.29ª2022 Álex Alonso: O estranxeiro.30ª2023Alberto Mancebo: Indolente.31ª2024Xosé Carou: Ventre de madeira.32ª2025Óscar Guzmán: Só os mortos saben a verdade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Premio de poesía Manuel Lueiro Rey Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey
Manuel Lueiro Rey Categoría:O Grove