A Estación de Ourense, tamén coñecida como Ourense-Empalme, é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2023 rexistrou un tráfico de 2.082.576 pasaxeiros, sendo a terceira estación con maior número de viaxeiros de Galicia por detrás das de Santiago e A Coruña. Nese mesmo ano duplicouse o número de usuarios dos aeroportos de Alvedro e Peinador.

Situación ferroviaria A estación atópase situada a 133 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas: Liña férrea de ancho convencional Monforte de Lemos-Redondela, punto quilométrico 46.Orense-Empalme (Est.) Euroferroviarios Liña férrea de ancho convencional Zamora-A Coruña, punto quilométrico 248,90. Ademais a estación integrarase dentro da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia que unirá Galicia coa Meseta e cuxo tramo Santiago-Ourense está operativo desde decembro de 2011.Arrinca a alta velocidade entre A Coruña, Santiago e Ourense La Región

Historia A chegada a Ourense do ferrocarril produciuse o 18 de xuño de 1881 coa apertura da liña Vigo-Ourense. Unha máquina de vapor de tres eixos e sete vagóns novos foron os encargados de estrear a nova estación tras cinco horas de viaxe.Ourense celebra o 125 aniversario da chegada do tren pensando no AVE Faro de Vigo A Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (MZOV) constituída en 1880 foi a encargada das obras. O 1 de decembro de 1884 esta mesma compañía realizou a conexión con Monforte de Lemos. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Spanishrailway En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en RENFE. Moito máis tardía foi a ligazón coa Meseta debido á gran complexidade das obras na provincia de Zamora. Por iso non foi ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra cando se puido completar a liña Zamora-A Coruña.Liña Zamora-Ourense Afzamorana

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

O 10 de decembro de 2011 inaugurouse o tramo Santiago de Compostela-Ourense como parte da futura liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

A estación miniatura|250px|Talgo en Ourense A estación está situada na rúa Eulogio Gómez Franqueira s/n, na zona norte de Ourense, na ribeira norte do río Miño, a 1,5 km do centro da cidade.

O edificio para viaxeiros está composto por un pavillón central flanqueado por dous anexos laterais de dous pisos. A parte central incorpora unha ampla cristaleira. En xeral o conxunto mostra unhas liñas sobrías e funcionais.

Componse de tres plataformas, unha lateral e dous centrais ás que acceden cinco vías. O complexo ferroviario complétase con máis vías. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo.

Dispón de venda de billetes, punto de información, cafetería, librería e aseos. Todo o recinto está adaptado para as persoas con minusvalía. No exterior atópase un aparcadoiro, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios Longa Distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe   Avant Terminal <> A Coruña   Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 2 Rexional Ourense-San Francisco <> Santiago de Compostela 4 MD Terminal <> A Coruña Lugo 6 Rexional Exprés León Ponferrada <> Vigo-Guixar 6 MD Rexional Exprés Terminal <> Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información da estación na web de Adif

Ourense-Empalme Ourense-Empalme Categoría:Ourense