Afnix (chamado Aleph ata o 2003) é unha linguaxe de programación funcional mutihilos con alcance dinámico de variables e soporte para o paradigma de programación orientada a obxectos.
O interpretador de Afnix está escrito en C++ e prové integración en tempo de execución que inclúe a posibilidade de instanciar clases de C++, utilizar métodos virtuais, lanzar e atrapar excepcións. Disponse tamén dunha interfase para facilitar a integración de librerías externas.
Afnix está dispoñible para varias versións das plataformas UNIX, Linux e FreeBSD. A documentación inclúe unha guía de usuarios e o material de referencia. Está distribuído como software libre.
Características Obxectos predefinidos Máis de 50 palabras reservadas e predicados. Librerías de listas, vectores, táboas de hash, conxuntos de bits e grafos. Programación funcional Soporte para lambda-expresións con clausuras explícitas. Orientación a obxectos Mecanismo de obxectos con herdanza simple e resolución dinámica de símbolos. Extensión de clases predefinidas con posibilidade de reescribir métodos. Membros de clase e métodos estáticos. Motor multifios Motor multifios con mecanismo de protección automática de obxectos contra acceso concorrente. Mecanismo de bloqueo de lectura e escritura e activación de fíos por obxectos de condición. Expresións regulares inclúe resultados exactos ou parciais e mecanismo de substitución.
Véxase tamén Ligazóns externas Afnix.org
Categoría:Linguaxes interpretadas