O mascato boreal, popularmente mascato (Morus bassanus, antes Sula bassana) é unha ave do tamaño aproximado dun ganso que forma grandes colonias de ata varios miles de parellas.
Descrición miniatura|esquerda|Mascatos reprodutores. As aves adultas pesan entre 3 e 4 quilos.Reinsch, 1969 S. 15 e Nelson, 2005, S. 587 O corpo mide entre 87 e 100 centímetros de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de 165 a 180 cm. As ás, longas e estreitas, miden entre 47 e 53 cm e o peteiro de 9 a 11 (medido dende a testa). O tamaño dos dous sexos é semellante.
A plumaxe dos adultos é maioritariamente de cor branca pura, coas puntas das ás escuras, con cores que van do pardo ó negro. A cabeza, as meixelas e os lados do pescozo teñen coloracións, dependendo da época do ano e do individuo, que varían entre o amarelo claro e o escuro. Nalgúns individuos pode faltar.Reinsch, 1969, S. 13 As plumas son impermeables, o que lles permite pasar períodos longos na auga. A impermeabilización conséguena untando as plumas coa secreción producida por unha glándula sebácea, que estenden polo corpo usando o peteiro ou a cabeza.Nelson, 2005, S. 133 Na cara teñen unha área espida coa pel de cor negra, que lles dá unha expresión facial característica.
miniatura|Mascato novo. A parte dianteira do corpo xa amosa a plumaxe dos adultos. Os exemplares que acaban de empezar a voar son pardos, coas puntas das ás brancas. Teñen pintas brancas na cabeza e no lombo, e unha área en forma de V tamén desta cor na parte baixa do lombo.Nelson, 2002, S. 9 A plumaxe das aves dun ano pode ser case completamente parda; no segundo ano de vida presentan aspectos moi variados debido ás diferentes fases da muda: poden amosar a plumaxe adulta na parte dianteira e seguir sendo pardos na posterior.Reinsch, S. 14f A plumaxe adulta definitiva aparece a partir dos cinco anos de idade.
Os pitos acabados de saír do ovo están espidos e son azuis escuros ou negros. Na segunda semana de vida cóbrense dunha penuxe branca e semellan cubertos de la.Reinsch, 1969, S. 61 Dende a quinta semana vanse cubrindo de plumas castañas escuras manchadas de branco.
O bico dos mascatos é longo, forte e cónico, coa punta lixeiramente curvada cara a abaixo. A parte dianteira ten un fío aguzado. Nos adultos é gris azulado con beiras grises escuras ou negras. Nos inmaturos é acastañado.
Os ollos, grandes e dirixidos cara a adiante, teñen o iris de azul claro a gris claro, rodeado por un fino anel negro. Os catro dedos das patas están unidos por unha membrana natatoria, de coloracións que van do gris negro ó castaño negro. Ó longo dos dedos córrenlles unhas liñas amarelas que continúan por parte das patas e que xogan probablemente algún papel no aparellamento. O dedo posterior é forte e volto cara a dentro, o que lles permite agarrarse con seguridade nos cantís verticais.Reinsch, S. 9
Particularidades anatómicas miniatura|Mascato na Illa Bonaventura, no Quebec. Os mascatos mergúllanse na auga caendo verticalmente a velocidades de mesmo 100 km/h e a súa estrutura corporal está adaptada a este feito. Carecen de furados externos do nariz e teñen furados nasais secundarios que poden pechar cando están dentro da auga. As aberturas dos oídos son moi pequenas, están cubertas de plumas e poden pecharse tamén cun sistema similar ó das fosas nasais. O esterno é moi forte e tan longo que pode protexer as entrañas do golpe contra a auga.Reinsch, S. 16
Os pulmóns, moi desenvolvidos, teñen tamén probablemente a función de reducir as consecuencias do impacto contra a superficie e de protexer o corpo. Na parte inferior do corpo e nos lados hai sacos de aire subcutáneos. Outros sacos de aire atópanse entre o esterno e os músculos peitorais e entre as costelas e os músculos. Estes sacos están conectados cos pulmóns con canles e énchense cando a ave inspira. O aire pode ser expulsado con contraccións musculares.Reinsch, 1969, S. 16
Os mascatos teñen unha capa de graxa subcutánea que os axuda a soportar as temperaturas baixas, ó que axuda ademais unha penuxe moi mesta e o solapamento moi apertado das plumas. A redución da circulación sanguínea nas membranas natatorias fóra da época de cría axúdalles tamén a conserva-la temperatura mentres nadan.Nelson, 2005, S. 134
Por aire, terra e mar miniatura|Silueta en voo. As ás, que como se dixo son longas e estreitas, están inseridas moi adiante no corpo, o que lles permite utilizar con eficiencia as correntes de aire para voaren. En situacións de tempo tranquilo poden acadar velocidades de ata entre 55 e 65 km/h.Nelson, 2002, S. 27 A súa musculatura voadora está, porén, relativamente pouco desenvolvida: mentres que nas outras aves esta representa a redor dun 20% do peso total, nos mascatos non supera o 13%.Nelson, 2005, S. 130 A consecuencia disto é que os mascatos precisan un quecemento previo para poderen comezar a voar. Ademais camiñan con dificultade, polo que non poden botar a voar dende un lugar chairo. Da auga engalan xirándose cara ao vento e axitando pesadamente as ás. Con vento maino e ondas relativamente altas vense ás veces incapacitados de voar e poden ser arrastrados a terra.Nelsons, 2002, S. 27 Coma os albatros, aproveitan mentres voan o vento producido pola parte anterior das ondas. Os mascatos só se ven terra a dentro cando son desprazados polas treboadas.
Na auga póusanse cunha mergullada plana. Poucas veces o fan estricando as patas cara a adiante, coma os pelicanos ou os corvos mariños. Na auga manteñen o corpo afundido dabondo e, en xeral, a cola erguida diagonalmente cara a arriba. Póusanse con dificultade en terra e o intento pode acabar cun choque, xa que as súas ás estreitas non permiten boas manobras de xiro, para as que se axudan coas patas e a cola. As feridas nos pés e patas cando se pousan no chan son relativamente frecuentes se non hai ventos axeitados.Reinsch, S. 63 As ás rachadas ou magoadas serían unha causa de morte frecuente entre os adultos.Nelson, 2005, S. 158. Nelson advirte que, de todos xeitos, estes datos están recollidos principalmente nunha soa colonia. A posición atrasada das patas no corpo dálles un andar semellante ó dos parrulos.
Voz O repertorio acústico dos mascatos non ten grandes particularidades. A chamada típica é un rab-rab-rab, que emiten cando están a pescar e tamén no niño.Nelson, 2005, S. 129 Emiten un berro especial cando se aproximan á colonia, o que, por causa da chegada constante de individuos á colonia, óese moi de seguido.Nelson, 2002, S. 27f. O repertorio sonoro é semellante en machos e femias.
Segundo o ornitólogo Bryan Nelson os mascatos están en condicións de recoñecer pola voz non só á parella e os propios pitos, senón tamén ós veciños de niño. Os mascatos alleos son tratados con moita agresividade.Nelson, 2005, S. 129f e 310
Distribución miniatura|300px|Mapa de distribución mundial do mascato. Os mascatos crían case sempre na beira do mar, nas costas influídas pola corrente do Golfo. As colonias do golfo de San Lourenzo e das illas da costa leste do Canadá son unha excepción. As augas preto dos cantís nos que viven teñen, no verán, temperaturas en superficie de entre 10 e 15 graos.Reinsch, 1969, S. 35 – 49 A temperatura da auga determina a área de distribución das xardas e os arenques, que son as fontes de alimentación principal dos mascatos, polo que a situación das súas colonias reprodutoras está en forte relación con eles.
Crían ata moi ó norte, en rexións que poden ser moi frías e tormentosas. De acordo co ornitólogo Bryan Nelson, a combinación de peso corporal e forza do bico, que lles permiten a captura de peixes fortes e musculosos, e a capacidade de mergullárense ata gran profundidade e capturar presas ben lonxe dos acantilados, facilítalles poder vivir nesas rexións. Ademais, poden resistir períodos longos sen comer grazas ás reservas de graxa que acumulan.Nelson, 2002, S. 24
O límite norte da súa área de cría depende de que as augas mariñas estean libres de xeo durante a época reprodutora. Así, mentres Groenlandia e as illas Spitzbergen lles ofrecen lugares de reprodución xeitosos, as zonas puramente árticas teñen un verán demasiado curto para que poidan poñer os ovos e criar os polos, para o que precisan entre 26 e 30 semanas.Nelson, 2005, S. 315 O límite sur da distribución depende principalmente da presenza suficiente das súas presas habituais.Nelson, 2005, S. 138
Colonias de cría miniatura|dereita|Colonia de mascatos en Bonaventura, preto de Percé, Canadá. Algunhas colonias reprodutoras de mascato son usadas dende hai centos de anos. Vistos de lonxe os acantilados parecen cubertos de neve, a causa da capa mesta de niños que os cobren. Hai rexistro escrito da colonia da illa Lundy do ano 1274. Xa daquela se sinalaba que as poboacións minguaban a causa da caza e o roubo de ovos. Finalmente, a colonia desapareceu en 1909.Reinsch, S. 33 e S. 99f Entre as colonias meirandes están:
A da pena de Bass Rock na costa leste de Escocia, rexistrada dende 1448.Reinsch, 1969, S. 33 No ano 2004 contaba con máis de 48.000 niños.Nelson, 2005, S. 311 A das illas St. Kilda e Sula Sgeir, das Hébridas. St. Kilda é, cuns 60.000 niños, a colonia meirande de Europa. A da illa Eldey, en Islandia, onde crían entre 14.000 e 15.000 parellas. A densidade de poboación criando é tan grande que, por falta de espazo, non se ven exemplares non reprodutores.Reinsch, 1969, S. 31
Outras colonias europeas están no suroeste de Irlanda, oeste de Noruega (illa de Runde) e no norte do mesmo país (Syltefjord, Hovflesa e Storstappen). A máis meridional é a da illa Rouzic no arquipélago das Sete Illas en Francia. En Norteamérica crían na costa de Terra Nova e en illas do golfo de San Lourenzo. A colonia meirande ten 32.000 niños, e está na illa Bonaventura.
Situación No ano 2004 contabilizáronse 45 colonias de cría e uns 361.000 niños.Nelson, 2005, S. 312 As aves da costa escocesa constitúen a redor do 60 por cento do total. Aparentemente, a poboación aumenta anualmente entre o 3 e o 5%, malia a que este crecemento se concentra só nalgunhas colonias. Para a situación actual foi decisiva a suspensión case total da caza da especie, que tiña como obxectivos a carne e as plumas. En 1939 había unhas 22 colonias e uns 83.000 niños, o que significaría que as poboacións se terían multiplicado por catro dende entón. O aproveitamento polos mascatos das actividades pesqueiras crecentes en mar a fóra puido axudar tamén á recuperación da especie.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza, citando a del Hoyo et al (1992), indica que se estimaba a poboación total destas aves nuns 526.000 exemplares, pero, tendo en conta a poboación desta especie en Europa de acordo con BirdLife International, fai unha estimación revisada do tamaño demográfico global e sitúa a súa posible poboación entre 950.000 e 1 200 000 individuos.Morus bassanus . 2010 IUCN Red List of Threatened Species. Versión 2010.4. Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Alimentación e caza Os mascatos cazan polo día, en xeral deixándose caer en picado na auga. Poden cazar preto da costa pero buscan alimento a grandes distancias delas. Sábese que aves que están criando poden pescar a distancias de ata 320 km da colonia. Un dous por cento das aves que crían na colonia escocesa de Bass Rock buscan peixe nos bancos de Dogger, a entre 280 e 320 km de distancia. Probablemente poden acadar mentres procuran comida distancias aínda máis longas, mesmo dobrando as mencionadas, pero, por norma, estas son de menos de 150 km.Nelson, 2005, S. 320
O picado miniatura|Mascato na procura de peixes.