O 29 de maio é o 149º día do ano do calendario gregoriano e o 150º nos anos bisestos. Quedan 216 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1727 - Pedro II de Rusia atangue o título de Tsar. 1931 - Segunda República Española créanse as Misións Pedagóxicas que, presididas por Manuel Bartolomé Cossío, levaban a cultura polas vilas e aldeas españolas. 1953 - Edmund Hillary e o guía nepalí Tenzing Norgay coroan a ascensión ó monte Everest

Nacementos miniatura|100px|Alfonsina Storni. 1629 - Carlos II de Inglaterra (m. 1685). 1874 - Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés (m. 1936). 1880 - Oswald Spengler, filósofo alemán (m. 1936). 1886 - Leopoldo Basa Villadefrancos, xornalista e escritor galego (m. 1947). 1892 - Alfonsina Storni, poeta arxentina (m. 1938). 1898- Margaret Lin Xavier, médica tailandesa (m. 1932). 1903 - Bob Hope, actor (m. 2003). 1911 - Fernando Chueca Goitia, arquitecto español (m. 2004). 1917 - John Fitzgerald Kennedy, presidente dos Estados Unidos (m.1963). 1922 - Iannis Xenakis, compositor e arquitecto grego (m. 2001). 1926 - Abdoulaye Wade, presidente do Senegal. 1947 - Agustín Fernández Paz, escritor galego (m. 2016). 1948 - Xesús Antonio Gulías Lamas, antropólogo galego. 1954 - Alfredo Erias, historiador e pintor galego.

Mortes miniatura|100px|Humphry Davy. 1589 - Adam Lonitzer, botánico alemán (n. 1528). 1829 - Humphry Davy, químico córnico (n. 1778). 1897 - Julius von Sachs, botánico alemán (n. 1832). 1905 - Francisco Silvela, historiador e político español (n. 1843). 1958 - Juan Ramón Jiménez, poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956 (n. 1881). 1982 - Romy Schneider, actriz (n. 1938). 1994 - Erich Honecker, político alemán (n. 1912). 1997 - Jeff Buckley, cantautor e guitarrista estadounidense (n. 1966). 2005- Ángeles Alvariño, científica galega (n. 1916) 2011 - Ferenc Mádl, presidente de Hungría (n. 1931).

Festas e celebracións Día Internacional do Persoal da Paz da ONU. Día Internacional do Everest

Outros Santoral: Santa Bona de Pisa, virxe; San Máximo, bispo de Verona; Santa Úrsula Ledochowska, relixiosa; Santos: Sisinio e Alexandre, protomártires.

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Maio