Banjul (a antiga Bathurst) é a capital de Gambia. Ten unha poboación de 34 125 habitantes (2007), aínda que coas zonas periféricas supera o medio millón (523 589 habitantes en 2003). Está situada sobre a illa de Banjul (antes illa de Saint Mary), no lugar onde o río Gambia desauga no océano Atlántico.
Xeografía Banjul está localizada sobre unha illa areosa construída, ao longo do tempo, polos depósitos arrastrados polo río Gambia até a súa foz. A vexetación maior, espontánea, está constituída por baobabs e bambús.
miniatura|dereita|275px|Climograma de Banjul O clima da cidade é de subtropical, con só unha estación chuviosa anual; as temperaturas son cálidas e estábeis ao longo de todo o ano. As medias mensuais non baixan dos 25 °C. O seu cálido clima durante todo o ano é debido ao deserto do Sáhara. O mes máis frío é agosto e o máis cálido é marzo.
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Media anual Media de máximas (°C) 31 32 34 33 32 32 30 29 31 32 32 31 31,5 Media de mínimas (°C) 15 16 17 18 19 23 23 23 23 22 18 16 19,4
Historia No 1816, os británicos fundaron Banjul como un posto commercial e como base para suprimir o comercio de escravos. O 18 de febreiro de 1965, a cidade converteuse en capital do país trala declaración de independencia da República de Gambia. Foi chamada Bathurst in honra de Henry Bathurst, secretario do Despacho Colonial. En 1973 o nome foi africanizado como Banjul, que en mandé significa "illa dos bambús".
O 22 de xullo de 1994, Banjul foi escenario dun golpe de Estado militar no que o Presidente Dawda Jawara foi derrocado, e mudado polo aínda actual Presidente do país, Yahya Jammeh.
Economía Banjul é a principal área urbana de Gambia, á par que é o centro económico e administrativo da nación. O traballo dos cacahuetes é a principal industria do país, e xunto con cera de abellas, madeira, aceite de palmeira e coiros, son os principais produtos que son exportados polo porto da capital.
Lugares de interese Museo Nacional (National Museum), en Gloucester Street, expón coleccións sobre o período colonial e a historia recente de Gambia. Mercado de Albert. Casa Estatal Casa da Xustiza Dúas catedrais e varias mesquitas. Arco 22, construído como un portal de entrada á cidade. O arco é de 35 metros de altura e o centro dunha praza.
Cidadáns notábeis Fatou Bensuda, política (n. 1961). Ebou Dibba, escritor (n. 1943). Mass Lowe, músico (n. 1969). Neneh MacDouall-Gaye, política (n. 1957). Lenrie Peters, poeta (n. 1932) Laba Sosseh, músico (1943−2007).
Cidades irmandadas Grimsby, no Reino Unido; Newark e Tuskegee, nos Estados Unidos; Taipei, en Taiwán; Unna, en Alemaña e Dakar no Senegal.
Véxase tamén
Ligazóns externas AccessGambia
Categoría:Capitais de África Banjul