Víctor Moro Rodríguez, nado en Ribadeo o 25 de abril de 1926 e finado en Baíña (Baiona) o 15 de decembro de 2021, foi un empresario e político galego centrista.

Traxectoria Como economista Marchou de Ribadeo a Ferrol, logo de aprobar unhas oposicións ao Banco Pastor. Fixo o servizo militar destinado no Ministerio da Mariña, en Madrid, onde aproveitou para estudar Economía. Logo de licenciarse empezou a súa carreira política vencellado ao Banco de España, onde entrou como técnico en 1948. Ascendeu a interventor aos dous anos (1950), na delegación de Murcia, e despois dunha década aló aprobou unha segunda oposición, para interventor de sucursais, que aprobou co número 1 en toda España (1960-62). Marchou á empresa privada para ser director financeiro e administrativo de Pescanova en 1962, cargo que mantivo ata 1975 e no que conseguiu "situar a Galicia e a España á cabeza da industria pesqueira mundial".

Logo do paso pola política, regresou ao Banco de España como director da sede de Vigo (1980), Cataluña (con sede en Barcelona, desde 1982) e posteriormente, desde 1992, subdirector xeral nas oficinas centrais de Madrid.

Tamén formou parte do consello de administración da construtora San José (1995-1999) e Unión Fenosa (1997-2002). Nas últimas décadas de vida foi presidente da consultora Solventis, da que son socios os seus dous fillos, Alberto Moro e Pablo Moro, e da distribuidora Vima Foods, da que era accionista o seu outro fillo, Víctor Moro Suárez, dedicada á distribución de alimentación en Cuba, e en 2021 con sede en Panamá. Tamén foi conselleiro da empresa de plásticos Poligal (1996-2021). Ademais foi vicepresidente de Inesga, unha sociedade de consultoría e investimento participada pola Xunta de Galicia (2002-13).

Como político A súa carreira como político comezou ao remate do franquismo, cando foi nomeado director xeral de Pesca Marítima dentro do Ministerio de Comercio que dirixía Leopoldo Calvo-Sotelo. Membro da Xunta Democrática,"La nominación de Rosón..." El País, 9/3/1978 . nas eleccións xerais de 1977, as primeiras tras o retorno da democracia, saíu elixido como deputado pola provincia de Pontevedra nas filas da UCD e foi vogal da Comisión de Economía e facenda do Congreso dos Deputados. Foi tamén o principal impulsor do Acordo de pesca con Marrocos.

Ocupou o escano durante dous anos, ata o remate de 1978 e, nese tempo, foi un decidido defensor dos intereses de Galicia e, mesmo, se opuxo a que a UCD,o seu propio partido aprobase un estatuto de autonomía para Galiciainferior ós de Cataluña e Euskadi, asemellándoo ó de Andalucía.

Durante ese tempo desempeñou o cargo de subsecretario xeral de Pesca e da Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións, baixo a dirección, primeiro de José Lladó e logo de Salvador Sánchez-Terán. Atribúeselle a reforma legal que permitiu a creación de empresas pesqueiras mixtas (hispanomarroquís) e o primeiro acordo pesqueiro con Marrocos.

En 1979 encabezou a candidatura da UCD ao concello de Vigo e venceu nas eleccións municipais conseguindo o 30,19 por cento dos votos. Porén, o pacto das esquerdas levou a Manoel Soto á alcaldía e sentou a Moro como líder da oposición municipal. Deixou a política activa uns meses despois, en 1980, por uns anos, e regresou como membro de Coalición Galega. Durante uns meses foi o líder da formación, posto do que dimitiu en 1984.

Candidato á Xunta de Galicia En diversos momentos, especulouse sobre a posibilidade de se converter en candidato á presidencia da Xunta de Galicia. En 1978, tiña o apoio dunha parte da UCD e da esquerda. Algo semellante, sucedeu en 1985, pero se frustrou igualmente fronte aos problemas de Coalición Galega.

Premios e distincións alt=Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo|miniatura|Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo. Orde do Mérito Constitucional

Cruz do Mérito Naval 1998, Creu de Sant Jordi 1998, XXX Premio Fernández Latorre de periodismo, polo artigo El expolio energético de Galicia. 2012, Fillo predilecto de Ribadeo (recibido o 2 de setembro) 2008, Medalla de ouro e brillantes de CaixaGalicia Gran Placa ao Mérito Cooperativo do Mar, outorgada pola Unión Nacional de Cooperativas do Mar de España.

Vida persoal Casou con Genoveva Suárez Saavedra, e foi pai de Víctor, Javier, Alberto e Pablo Moro Suárez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas 20px Galegos, da TVG. Páxina de Galegos info sobre Víctor Moro Rodríguez Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid