Matchbox Twenty (Orixinalmente chamada Matchbox 20 e actualmente matchbox twenty todo en minúscula, como adoita aparecer na maior parte do merchandising e álbums oficiais) é unha banda de rock alternativo estadounidense orixinaria de Orlando (fFlorida). Vendeu máis de 39 millóns de discos en todo o mundo cos lanzamentos de Yourself Or Someone Like You, Mad Season, e More Than You Think You Are. O seu último disco editado en estudio é Exaile on Mainstream, lanzado o 2 de outubro de 2007. Os actuais membros da banda son Rob Thomas, Paul Doucette, Kyle Cook e Brian Yale. Adam Gaynor (Guitarra rítmica) deixou a banda en 2005, despois de tocar nos primeiros tres álbums de estudio. Rob Thomas é o principal escritor de cancións e cantante líder, e creou a súa propia carreira solista ben establecida por el mesmo, despois de lanzar o seu álbum Something to be.
Integrantes
Rob Thomas – voces e piano Kyle Cook – guitarra e voces Brian Yale – baixo Paul Doucette – (1996-2007) tambores, percusión e voces (2007-presente) guitarra, piano e voces Ryan MacMillan - tambores (2007-presente)
Ex integrante: Adam Gaynor - guitarra e voces (1996-2005)
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Yourself or Someone Like You 1996 Atlantic Records Mad Season 2000 Atlantic Records More than You Think You Are 2002 Atlantic Records North 2012 Atlantic Records Where the Light Goes 2023 Atlantic Records
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial (en inglés)
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1995 Categoría:Grupos musicais de Florida