Violent Femmes é unha banda de folk punk estadounidense composta por catro membros: Gordon Gano (cantante/guitarrista), Brian Ritchie (baixista),Victor DeLorenzo (percusionista) e Guy Hoffman (percusionista).
O seu estilo musical presenta grandes influencias da música folk norteamericana, así como do punk, creando un son característico que influíu en bandas posteriores como No Doubt, mentres que as letras das cancións tratan temas recorrentes no rock como a frustración adolescente, o amor ou o sexo.
É considerada unha banda de culto por críticos e seguidores, porén, tivo un éxito comercial e un recoñecemento moderado, aínda que algunhas das súas cancións como Add it up ou Blister in the sun gozaron de certa fama.
Historia A banda foi creada por Brian Ritchie e Victor DeLorenzo en 1980, e a formación completouse coa entrada de Gordon Gano. Nos seus inicios adoitaban tocar en cafés e nas rúas. O 23 de agosto de 1981, James Honeyman-Scott (integrante de The Pretenders), interesouse pola súa música cando os viu tocando en fronte do local no que The Pretenders ían actuar esa mesma noite, de tal maneira que Chrissie Hynde invitounos a compartir escenario.
Así foi como o grupo se deu a coñecer e posteriormente firmou coa discográfica Slash Records coa que publicaron o seu primeiro disco, Violent Femmes, no ano 1982. Tras este editaron Hallowed Ground no que a banda se moveu cara a un son country e comezou a tratar temas espirituais.
Discografía miniatura|170px|Gano en concerto cos Violent Femmes, en 2006. Álbums de estudio Álbum Ano Selo Violent Femmes 1982 Slash Hallowed Ground 1984 Slash/Rhino The Blind Leading the Naked 1986 Slash 3 1988 Slash Why Do Birds Sing? 1991 Reprise New Times 1994 Elektra Rock!!!!! 1995 Mushroom Freak Magnet 2000 Beyond We Can Do Anything 2016 PIAS America
Recompilacións: Add It Up (1981-1993)
Ligazóns externas
Web oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais de Wisconsin Categoría:Grupos musicais de indie Categoría:Grupos musicais formados en 1980