Antonio Martínez Aneiros, coñecido como Antón Aneiros, nado no O Val (Narón) o 3 de xuño de 1933 e finado no mesmo lugar o 19 de xullo de 2026, foi un sacerdote e político galego.
Traxectoria Crego católico, abandonou o sacerdocio pero seguiu vinculado ás asociacións cristiás de base como coordinador do movemento Somos Igrexa.
Foi o primeiro alcalde que tivo Narón trala aprobación da constitución de 1978, elixido nas municipais de 1979 por Unidade Galega. Logo da ruptura desta formación, foi reelixido en 1983 dentro da formación de carácter local Agrupación Nacionalista Galega de Narón.
En 1985 esta formación incorporouse ó PSG-EG e Aneiros presentouse como número un pola provincia da Coruña ás eleccións ó Parlamento Galego. Resultou elixido nelas e desenvolveu o traballo parlamentario durante toda a lexislatura.
Recoñecementos O Concello de Narón púxolle o seu nome a unha rúa e ao Complexo Social da súa parroquia natal en 2016.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Narón
Categoría:Alcaldes de Galicia por UG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Narón Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSG-EG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia