300px|miniatura|Vista do interior dos novos trens Civia. 300px|miniatura|Trens de Proximidades estacionados en Blanes (Xirona). Renfe Proximidades (en castelán: Renfe Cercanías, en valenciano: Renfe Rodalia, en éuscaro: Renfe Aldiriak) é unha división da compañía ferroviaria española Renfe Operadora, dedicada á xestión e explotación de redes de proximidades, que unen os diferentes núcleos dunha área metropolitana mediante liñas de alta capacidade e frecuencia.
Naqueles núcleos que contan con lingua cooficial, Renfe usa adaptacións da marca xeral ás devanditas linguas xunto á marca nacional. Así, o servizo recibe tamén o nome de Renfe Rodalia na Comunidade ValencianaCercanías Valencia e Renfe Aldiriak no País VascoCercanías BilbaoCercanías San Sebastián; así mesmo, ata 2010 tamén usou a marca Renfe Rodalies en Cataluña.Cercanías Barcelona
Redes Actualmente, Renfe Proximidades xestiona e opera en exclusiva os núcleos de proximidade de Asturias, Cádiz, Cantabria, Galiza Madrid, Málaga, Sevilla e Zaragoza.Cercanías Renfe Está presente, xunto a outras compañías públicas autonómicas, nos núcleos de proximidade de Bilbao, Murcia/Alacant, Donostia, Barcelona, e Valencia. Naquelas rexións onde non opera en exclusiva, Renfe Proximidades ten a súa propia rede, do mesmo xeito que os outros operadores, sen compartir vías ou liñas. Nalgúns dos núcleos existen entes públicos que exercen de autoridades de transporte; é habitual que estes ofrezan billetes integrados que permiten o transbordo entre diferentes transportes, entre os que se adoitan incluír aqueles ofrecidos por Renfe.
Renfe tamén xestionaba e operaba o núcleo denominado Proximidades Barcelona, formado por unha vasta rede ferroviaria suburbana que serve á capital catalá e á súa provincia, estendéndose tamén a algunhas poboacións de Tarragona e Xirona. O 1 de xaneiro de 2010, a competencia de xestión foi transferida á Generalitat de Catalunya, pero mantense a explotación das liñasEl Periódico , La Generalitat gestionará Cercanías a partir del 1 de enero de 2010. por parte da compañía, agora baixo o mando do réxime autonómico. O núcleo integrouse no novo servizo unificado Rodalies de Catalunya, que aglutina todas as liñas de proximidade do territorio catalán, incluíndo aquelas operadas pola compañía autonómica Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC). Expúxose a posibilidade de estender a rede explotada por Renfe Proximidades, como no caso de Lleida.
Material móbil Nos servizos de Proximidades Renfe empréganse as seguintes series: Serie Núcleo(s) onde circula Imaxe433Asturias435Asturias436Bilbao, Asturias438Cantabria 442 Madrid 200px 446 Bilbao, Cantabria, Córdoba, Donostia, Madrid e Sevilla 200px 447 Barcelona, Cantabria, Donostia, Murcia/Alacant, Tarragona, Valencia e Xirona 200px 450/451 Barcelona e Madrid 200px526Asturias, León529Galiza e Murcia/Alacantsenmarco|200x200px 592 Murcia/Alacant e Valencia 200px Civia Asturias, Barcelona, Cádiz, Cantabria, Madrid, Málaga, Sevilla, Valencia, Xirona e Zaragoza 200px
Notas
Véxase tamén Outros artigos Renfe Operadora Adif
Ligazóns externas Sitio de Proximidades Renfe