O río Narcea é un curso de auga asturiano, afluente do Nalón pola súa beira esquerda. É o segundo dos ríos máis importantes de Asturias que desenvolven o seu curso completo dentro do Principado, tanto pola súa lonxitude, 91 km, como polo seu caudal medio, 43,41 m³/s.

Percorrido O Narcea nace nas Fontes del Narcea, na serra de Cenielles, a preto de 1.600 m.s.n.m., para fluír con sentido xeral se suroeste a nordeste. Ao longo do seu curso baña os concellos de Cangas del Narcea, Tinéu, Miranda e Pravia. Neste último rende as súas augas ao Nalón á altura do lugar de Forcinas. En conxunto a súa conca abrangue unha área de 1.135 km².

A localidade máis importante sita ás súas beiras é Cangas del Narcea.

Afluentes Pola dereita: Río Coto Río Arganza Río Xera El Rodical Río Nonaya

Pola esquerda: Río Naviego Río Ounón Río Xenestaza Río Pigüeña.

Espazos naturais Na cabeceira do río sitúase o Parque Natural das Fontes do Narcea, Degaña e Ibias.

Aproveitamento hidroeléctrico No Narcea están instalados dous encoros para a produción de electricidade, son os de La Barca (con 32 millóns de m³ de auga represados) e o de Honda (800.000 m³).

Outros É un dos ríos salmoneiros máis importantes de Asturias.

Categoría:Afluentes do Nalón Narcea