A lingua kazaka ou lingua kazakh é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Kazakhstán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia chinesa de Xinjiang, Mongolia, Kirguizistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de kazako. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Kazakhstán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña. O kazako está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Qazak significa vagabundo; o pobo kazako que fala este idioma foi historicamente nómade.
Alfabeto O alfabeto cirílico kazako baséase no alfabeto ruso ao que se lle engadiron nove letras: Ә, Ғ, Қ, Ң, Ө, Ұ, Ү, Һ, İ.
Cirílico Qaydar Latín transliteración Janga Latín transcriciónА а A a A aӘ ә Ä ä Ä äБ б B b B bВ в V v V vГ г G g G gҒ ғ Ğ ğ Gh ghД д D d D dЕ е E e E e inicialmente o tras unha vocalЁ ё Yo yo Yo yoЖ ж J j J jЗ з Z z Z zИ и Iy iy I iЙ й Y y Y yК к K k K kҚ қ Q q Q qЛ л L l L lМ м M m M mН н N n N nҢ ң Ñ ñ Ng ngО о O o O oӨ ө Ö ö Ö öП п P p P pР р R r R rС с S s S sТ т T t T tУ у W w U uҰ ұ U u Û ûҮ ү Ü ü Ü üФ ф F f F fХ х X x Kh khҺ һ H h H hЦ ц C c Ts tsЧ ч Ç ç Ch chШ ш Ş ş Sh shЩ щ ? Shy shyЪ ъ ? Ы ы I ı  âİ і İ i Î îЬ ь ? Э э E e Ê êЮ ю Yu yu Yu yuЯ я Ya ya Ya ya
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en kazako Ligazóns externas Esta lingua en Ethnologue.
Categoría:Linguas turcas Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas de Kirguizistán Categoría:Linguas de Mongolia Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Tadjiikistán Categoría:Linguas de Turkmenistán Categoría:Linguas de Uzbekistán Categoría:Linguas aglutinantes