A estación de Lugo é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 432,1 da liña férrea de largo ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Rábade e Laxosa. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia O ferrocarril chegou a Lugo o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea entre Palencia e A Coruña por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León que tivo que embarcarse nunhas obras de gran complexidade debido á orografía do terreo nalgunhas zonas.Palencia á La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Spanishrailway En 1885, a mala situación económica da empresa concesionaria obrigoulle a fusionarse coa potente Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. En 1941, Norte foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
O 4 de agosto de 2010, Fomento, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia asinaron un acordo para a construción da nova estación intermodal de Lugo que integrará tren e autobús e que se situará na localización da actual estación de tren.Fomento, Concello e Xunta rubrican o acordo pola estación de Lugo A obra abrirá as portas á chegada do AVE á cidade. O 29 de abril de 2011 Fomento aprobou un anteproxecto de estación con forma de ponte presentada por Eptisa Servicios de Ingeniería, Junquera Arquitectos e Calter Ingeniería. Unha vez asinado o contrato o prazo de execución será de 27 meses.
A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular que loce un aspecto clásico. Sitúase no centro da cidade preto da muralla romana e da zona vella. Ten dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras catro vías completan as instalacións. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Recentemente adaptouse a estación para persoas discapacitadas subindo a altura das plataformas para que estas persoas poidan subir facilmente aos trens. Construíronse dous ascensores que se comunican co paso subterráneo para ser usados para equipaxes, carriños de bebés e persoas discapacitadas.
Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado enfronte do edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Lugo Categoría:Transporte en Lugo