O Marne é un río de Francia, afluente do Sena que rega unha rexión ao leste e sueste de París. O seu curso é duns 525 km. O río dá nome ao departamento de Marne; durante a primeira guerra mundial disputáronse dúas importantes batallas ao longo do río.

O Marne nace na meseta de Langres, segue o seu curso cara ao norte ata que xira ao oeste entre Saint-Dizier e Châlons-en-Champagne, uníndose ao Sena en Charenton-le-Pont preto de París.

Departamentos e principais cidades atravesadas polo Marne Alto Marne (52) : Chaumont, Saint-Dizier Marne (51) : Châlons-en-Champagne, Épernay Aisne (02) : Château-Thierry Sene e Marne (77) : Meaux, Lagny-sur-Marne, Torcy (Seine-et-Marne), Noisiel Sena-San Denis (93) : Neuilly-sur-Marne, Noisy-le-Grand Val do Marne (94) : Nogent-sur-Marne, Créteil, Charenton-le-Pont, Champigny-sur-Marne, Saint-Maur-des-Fossés, Joinville-le-Pont, Saint-Maurice

As beiras do Marne, terra de pintores miniatura|250 px|Cadro de Paul Cézanne das beiras do Marne . Xa no século XIX cando chegou a moda de pintar fóra (à l'air libre), nas beiras do Marne houbo moitos lugares, e en particular en Nogent sur Marne, onde era habitual ver os pintores instalados. A beiras do Marne inspiraron os pintores: Camille Corot Paul Cézanne Camille Pissarro Henri Rousseau Albert Marquet Raoul Dufy André Dunoyer de Segonzac Louis Vuillermoz Maurice Boitel

Véxase tamén Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Ríos de Francia Categoría:Afluentes do Sena