O A de Carlomagno é un relicario en forma de letra A que segundo se di foi un agasallo dado por Carlomagno á igrexa de Conques (Aveyron).

Cóntase que o célebre emperador regalou a 24 abadías de Francia outros tantos relicarios en forma das distintas letras do alfabeto. O da letra A atópase en Conques e é un precioso exemplar da arte carolinxia. Figura un A sen traveseiro, no seu ángulo está o relicario de ouro con pedras finas e esmaltes. A súa base, restaurada durante a Idade Media, non ten o valor do resto da obra. O cronista Felipe Monskes, en 1270, describiuno perfectamente.

Actualmente discútese a autenticidade deste relicario, deducíndose da súa construción que debe ser probablemente de época posterior ao século XI.

Véxase tamén

Bibliografía Desjardins (G.), Cartulaire de l'abbaye de Conques en Rouergues (1879).

Ligazón externa

Imaxe do "A de Carlomagno".

Categoría:Arte prerrománica