A 12ª edición dos EuroGames celebrouse en Barcelona entre o 24 e o 27 de xullo de 2008. Historia e características O club encargado de organizalos foi o Club Esportiu Panteres Grogues. A mascota era unha pantera chamada Mon, abreviación de Montserrat.

A asistencia foi de case 5000 deportistas, que participaron en 27 especialidades deportivas. Foron uns xogos de gran tamaño por celebrárense en ano olímpico, e sen limitación na participación.

A cerimonia de apertura celebrouse no Palau Sant Jordi e a de clausura no Fórum. A madriña dos EuroGames foi a modelo Judit Mascó.Barcelona,"capital de la llibertat" durant els Eurogames 2008 de gais, bisexuals i transsexuals .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web dos EuroGames 2008

Categoría:Eventos LGTB Categoría:Competicións multideportivas Categoría:Deporte en Barcelona Categoría:Deporte en 2008