Samar é unha illa filipina pertencente ás Visayas. É a máis oriental do grupo, e divídese en tres provincias, Samar do Norte, Samar Occidental, e Samar Oriental; as principais cidades son Catbalogan, Catarman, e Calbayog.
Historia Samar foi a primeira illa de Filipinas avistada pola expedición española de Fernão de Magalhães o 16 de marzo de 1521 logo de deixar as Illas Marianas. Ao decatarse de que chegara a un arquipélago, cartografiou ás illas como "San Lázaro", porque foron avistadas o sábado día de San Lázaro. Aínda que Samar foi a primeira illa de Filipinas avistada por Magalhães, non desembarcou e seguiu navegando cara ao sur ata que, logo de fondear na illa de Suluan, finalmente desembarcou na illa de Homonhon o 17 de marzo de 1521.Parr, Charles McKew So Noble a Captain: The Life and Times of Ferdinand Magellan Thomas Y. Crowell, New York, 1953. p.431
Administración O 19 de xuño de 1965, a través da Lei da República Nº 4221, Samar dividiuse en tres provincias: Samar do norte, Samar occidental e Samar oriental coas cidades de Catarman, Catbalogan e Borongan como as súas capitais, respectivamente. Estas tres provincias, xunto coas provincias das illas próximas de Leyte e Biliran, son parte da rexión de Visayas orientais. Polo tanto, o 19 de xuño é un día festivo non laborable nas devanditas provincias.
Economía O arroz, e a raíz dos cultivos, tamén se producen cánabo e copra. A madeira é unha industria importante, e existen minas de mineral de ferro, carbón, fosfato e cromita. A agricultura esta limitada pola frecuencia dos tifóns. Aínda que non é moi montañosa, Samar é accidentada. As atraccións turísticas inclúen o Parque Nacional de Sohoton na parte meridional da illa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Visayas
Categoría:Illas de Filipinas Categoría:Illas do Pacífico