dereita|miniatura|Desembocadura do río Bidasoa en Hondarribia. HondarribiaDiccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 33, p. 74: "Hondarribia: Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, na desembocadura do río Bidasoa (15.044 h ). Coñecido antigamente co nome castelán de Fuenterrabía..." é un municipio situado no extremo nordeste da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. Atópase a uns 20 km ao leste da capital, Donostia, na desembocadura do río Bidasoa, que fai de fronteira natural coa localidade francesa de Hendaia. Pertence á comarca de Bidasoa Beherea.
É unha localidade de carácter turístico e residencial de case 17.000 habitantes. Nela atópase o aeroporto de Donostia, coñecido pola súa situación tamén como aeroporto de Hondarribia.
Toponimia O nome da localidade é un hodónimo que significa o vao de areaV. Wiktionary nas linguas portuguesa, castelá, francesa ou inglesaNeste caso, aparece só no Wiktionary en inglés, topónimo perfectamente identificable por un vascofalante contemporáneo e que, a dicir dos historiadores, podería ter relación coa configuración do espazo onde se asentou a poboación. Ao longo da historia escribiuse de diversos xeitos, como Hundarribia, Ondarribia, ou Ondarrabia. A mención escrita máis antiga data do século XII, pero apareceu por primeira vez na forma actual nun documento de finais do século XVIII. Na actualidade, ao falar coloquialmente en éuscaro, os seus habitantes chaman a vila Honddarbi (pronunciado Oñarbi), que é unha forma sincopada de Hondarribia.
Desde 1980, Hondarribia é o único nome oficial do concelloSousa, Xulio (ed.) (2010) Toponima e cartografía, páxina 86. Os nomes romances da vila son Fontarrabie en francés e Fuenterrabía en castelán, procedentes da forma latina Fontem Rapidam, documentada no século XIII, na que o segundo elemento evolucionou en rabia, ao igual que noutros casos como o da localidade cántabra de La Rabia. O seguinte fenómeno que se produciu foi a dislocación do acento, que evita a homonimia con «rabia». Por iso, as formas nas linguas romances que conviven co éuscaro teñen un significado distinto, que é 'fonte rápida'.
Os habitantes de Hondarribia denomínanse hondarribiarras. Adoitan recibir o alcuño de viquingos debido a que se di que hai bastantes máis persoas louras en Hondarribia que nas localidades limítrofes, o que comunmente se apón á herdanza de antigas incursións viquingas.
Xeografía miniatura|300px|Vista aérea de Hondarribia e Hendaia separadas polo Bidasoa. Hondarribia está situada na beira oeste da Baía de Txingudi. Esta baía está formada pola desembocadura do río Bidasoa no Cantábrico , e prolonga a fronteira internacional entre España e Francia que xa debuxaba o río Bidasoa no seu último tramo. Ao redor de dita baía dispóñense as localidades de Hondarribia, Irún (por parte sur) e a vasco-francesa de Hendaia (na beira leste) configurando un consorcio transfronteirizo coñecido como Bidasoa-Txingudi.
A primitiva situación de Hondarribia era unha pequena altura que dominaba a baía, aínda que na actualidade a cidade creceu polos terreos de chaira que a rodeaban. Estes terreos próximos á baía eran antigamente marismas e areais que foron desecados en gran parte e cubertos de hortas. Actualmente están suxeitos a unha gran presión demográfica e de construción de edificios. Aínda subsisten vestixios da antiga condición da zona e consérvanse algunhas zonas lacustres, así como canles.
Cara ao suroeste o termo municipal de Hondarribia prolóngase por unha zona de outeiros baixos de escasa altitude que están drenados por pequenos afluentes do Bidasoa entre os que destaca a regata de Jaizubia.
Polo noroeste, o panorama cambia totalmente xa que se atopa a mole do Monte Jaizkibel. Este monte corre paralelo ao mar Cantábrico de leste para oeste cunha altura media de 400 metros, que ten o seu punto culminante no pico de San Enrique (547 metros) situado xusto no límite occidental do termo municipal. A costa está formada por acantilados coa excepción dalgunha pequena cala e enseada. Polo sur cae de forma bastante escarpada cara á zona baixa do municipio antes comentada.
No límite oriental do monte e preto da poboación de Hondarribia atópase o Cabo Higuer, este accidente xeográfico que se pode considerar como o comezo (ou fin) do Jaizkibel ou do Pireneo protexe a Baía de Txingudi e a praia de Hondarribia dos embates do mar Cantábrico.
Hondarribia conta cunha gran praia, situada entre Higuer e o lugar, que é o vestixio dos areais que outrora ocupaban gran parte da zona.
Barrios Hondarribia ten dous barrios históricos que configuran a parte máis antiga e monumental do seu casco urbano: A cidade vella (en éuscaro Alde Zaharra), que se corresponde coa zona histórica amurallada. É un conxunto con numerosos edificios de interese artístico e histórico. Aquí viven máis de 1500 persoas. O barrio da Mariña ou do Porto (en éuscaro Portua), que era o antigo barrio dos pescadores situado extramuros e que presenta unha arquitectura de carácter popular con casas tradicionais de pescadores de cores vivas.
Outros barrios Acartegui (Akartegi). Amute-Kosta : o barrio de Amute localízase na Baía de Txingudi xunto ás pistas do aeroporto. Ten máis de 630 veciños. O barrio de Kosta sitúase tamén preto da baía e do aeroporto. Ten uns 350 veciños. Arcoll (Arkolla). Montaña (tamén chamado Gornutz): preto do cabo de Higuer. Jaizubia: unha serie de urbanizacións residenciais nas zonas máis baixas do monte Jaizkibel e nas proximidades do campo de golf. Case 640 veciños. Mendelu: está situado no límite co termo municipal de Irún, entre leste e o barrio de Amute, do que está separado por unha canle. Ten algo máis de 630 veciños. Puntal. Semisarga (Zimizarga): uns 150 veciños. É un barrio de casaríos na subida a Jaizkibel.
Localidades limítrofes Hondarribia limita ao suroeste cos municipios de Pasaia e Lezo, cos que comparte o monte Jaizkibel. Ao sur limita con Irún e ao leste co municipio vasco-francés de Hendaia. Hondarribia forma unha conurbación transfronteiriza con estas dúas localidades veciñas. Hondarribia e Irún están separados por uns escasos 4,5 km e só hai 6,5 km do centro de Hondarribia ao de Hendaia (indo por estrada).
Historia Os rastros máis antigos de presenza humana no termo municipal de Hondarribia remóntanse ao período do neolítico-Bronce. Trátase de varios dolmens e crómlechs situados no monte Jaizkibel.
A tradición di que o rei visigodo Recaredo foi o fundador da poboación de Hondarribia, pero este feito semella bastante incerto. Hondarribia aparece mencionada nun texto escrito por primeira vez no século XIII como Undarribia, unha variante do seu nome vasco.
A fundación da poboación como vila realízase en 1203, cando o rei castelán Afonso VIII concédelle a Carta do Pobo e o Foro de Donostia. Este feito produciuse escasamente tres anos despois de que o Reino de Castela arrebatase Hondarribia ao Reino de Navarra.
Orixinalmente a xurisdición de Hondarribia estendíase desde o río Bidasoa ata a Baía de Pasaia (entón Porto de Oiarso). Quedaban xa que logo dentro da súa xurisdición Irún, Lezo, o val de Oiartzun, Errenteria e Pasaia. Estas localidades irían separándose co paso dos anos de Hondarribia, empezando por Rentería e Oiartzun no século XIV, seguindo por Irún en 1766, Pasaia 1771 e finalmente Lezo en 1833.
Hondarribia tivo no momento da súa fundación un gran valor estratéxico para Castela. Por unha banda permitía establecer contacto terrestre entre Castela e Francia, país no que os monarcas casteláns contaban con feudos e importantes intereses; doutra banda permitía estrangular a saída natural de Navarra ao mar a través do río Bidasoa e para rematar brindaba a Castela un novo porto marítimo.
A situación estratéxica de Hondarribia fronte a Francia e a presenza nas súas proximidades de vaos que permitían cruzar o Bidasoa converteron a localidade nunha praza forte de importancia. A localidade foi amurallada (as murallas aínda se conservan hoxe en día) e sufriu numerosos asedios ao longo da súa historia. Cada vez que estalaba unha guerra que enfrontaba España con Francia, a localidade era a primeira en ser atacada polos franceses. Os asedios militares que viviu a vila durante a historia foron os seguintes:
En 1280 tropas do rei francés Filipe III o Atrevido, en guerra co rei castelán Afonso X o Sabio, intentan tomar sen éxito a vila. En 1476 o rei Lois XI de Francia invade Guipúscoa e pon Hondarribia baixo sitio. É unha operación en apoio do rei portugués Afonso V e á súa muller e candidata ao trono de Castela Xoana de Castela. En 1521 o rei de Navarra, Henrique II, con axuda de Francia intenta recuperar o seu reino, arrebatado en 1512 por Fernando o Católico. As tropas navarras toman, tras 12 días de asedio a vila e o castelo de Hondarribia, o 18 de outubro de 1521. Posteriormente serían os casteláns quen ao mando do condestable de Castela, Iñigo Fernández de Velasco cercaron A fortaleza que capitulou dous anos e medio despois, mediante negociación, tras unha concesión dunha amnistía por parte de Carlos I de España. En 1638 no marco da Guerra dos Trinta Anos, Hondarribia sofre o seu asedio máis famoso. A fin deste asedio é celebrado cada ano polos seus habitantes co Alarde. En 1719 durante as post-guerras da Guerra de Sucesión Española. En 1794 é cercada durante a Guerra da Convención. En 1836 a vila é atacada durante as Guerras Carlistas por un corpo expedicionario británico.
Economía
Hondarribia é actualmente unha poboación de forte carácter residencial e turístico. O sector servizos ten un peso abafador na economía local.
Pesca Hondarribia segue tendo un porto pesqueiro activo, o de maior importancia en Guipúscoa xunto co de Getaria, aínda que o sector está sometido a unha forte crise desde hai décadas que fai que a súa importancia vaia decrecendo aos poucos. O peso da pesca na economía local vai decrecendo tamén co tempo. Os postos de traballo ligados directamente ao mar roldan actualmente o 5% do emprego no municipio e pódese dicir que a pesca ten un peso similar no conxunto da economía local.
A principios da década de 1990 Hondarribia contaba cunha frota pesqueira de preto de 60 embarcacións e máis de 500 pescadores que desembarcaban anualmente 8000 toneladas de peixe nos peiraos da cidade.
En 2004 a frota reduciuse a unhas 35 embarcacións, que empregaban directamente a algo máis de 300 pescadores. A frota hondarribitarra está composta exclusivamente por barcos de baixura que se dividen entre embarcacións de superficie que capturan chicharro, verdel, bocarte e túnidos mediante a arte do cerco e embarcacións merluceiras, dedicadas á pesca artesanal de pescada, chicharro e bonito na modalidade de pintxo-cana e á recolleita de algas. O volume de capturas é variable segundo o ano, en 2001 desembarcáronse no porto 9000 toneladas de peixe por valor de máis de 13 millóns de euros. Despois seguiron varias campañas moi malas, recuperándose parcialmente en 2004 con capturas de máis de 5000 toneladas de peixe por valor de 12 millóns e medio de euros.
Antigamente os barcos pesqueiros de Hondarribia amarraban na Baía de Txingudi preto do mesmo corazón do lugar nos peiraos do barrio da Mariña. Actualmente, con todo, as actividades do porto pesqueiro trasladáronse ao denominado porto refuxio situado nas inmediacións do Cabo de Higuer e a certa distancia da vila, cuxas instalacións foron ampliadas e modernizadas nos últimos anos, para permitir que toda a actividade pesqueira se concentrase aquí.
O porto pesqueiro de Hondarribia atópase xestionado pola Cofradía de Mareantes de San Pedro, confraría de pescadores cuxa orixe remóntase a 1321. As instalacións portuarias son modernas e contan con sala de poxas, cámaras frigoríficas, balanzas de pesado, plataformas para a carga de camións, fábrica de xeo etc.
Demografía