miniatura|Entaboamento do Partenón Chámase entaboamento ou cornixamento Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: Dicionario visual da construción, 2004, px. 3-04. ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as columnas na arquitectura arquitrabada.
Características Divídense en tres seccións:
arquitrabe friso cornixa
A orixe destes elementos parece proceder do feito de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. Así o arquitrabe sería a transposición en pedra dunha viga de madeira. Os triglifos do friso serían as cabezas das vigas secundarias que apoian sobre a anterior, e a cornixa sería o bordo do taboado de madeira.
Sobre a cornixa apóianse formando un coroamento, outras dúas cornixas en ángulo ou unha soa arqueada chamándose a este conxunto triangular frontón. O espazo circunscrito polo triángulo resultante recibe o nome de tímpano. Os lados do frontón conforman os laterais da cuberta.
Entre as diferentes formas de frontón as máis comúns son:
o frontón triangular (que é o máis habitual) o frontón circular o frontón partido o frontón aguzado o frontón rebaixado (segundo a altura do triángulo) o gablete ou piñón é un frontón aguzado e de puro adorno propio da arquitectura oxival. Tamén se chama muro piñón á parte alta dun muro nas construcións a dúas augas terminada en forma triangular.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Orde arquitectónica Lintel Arquitectura grega
Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga