miniatura|Bosquexo da Catedral de Saint Denis onde se pode ver o seu triforio e a estreita galería posterior. O triforio (palabra que provén de triforium, en latín medieval) é un elemento arquitectónico característico da arquitectura gótica. Está situado enriba das arcadas das naves laterais dunha igrexa ou dunha catedral e consiste nun paso estreito que mira cara á nave central mediante unha liña de vans, normalmente xeminados, abertos no groso dos muros. O conxunto deses vans ou aberturas leva o nome de triforio.

Non debe confundirse coa tribuna, que é un corredor cuxa anchura coincide coa da nave lateral sobre a que está construída e pretende ampliar a capacidade da igrexa; mentres que o triforio é estreito e, orixinalmente, non tiña unha función clara, pero ao ser un paso estreito que permite a circulación dunha persoa, facilita que se poida usar para facer o mantemento das partes elevadas da construción. Co tempo, a función principal dos triforios foi a de facilitar a entrada de luz á nave central, aínda que tamén os había cegos. Cando coinciden tribuna e triforio, aquela constitúe o segundo piso, sendo o triforio o terceiro.

Nas catedrais situadas en rutas de peregrinación como o Camiño de Santiago, adoitaban ter a función de ser os lugares onde albergar aos peregrinos. Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Michel Lheure, Le triforium. Construction et fonctions (XIe-XVIe siècle), París, Picard, 2012, 172 p., ill. (ISBN 978-2-7084-0905-7)

Ligazóns externas Triforio na Enciclopedia Británica (en) Triforio en Glossary of Medieval Art and Architecture (en)

Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Arte gótica