miniatura|300px| Campos de xeo Sur vistos dende o glaciar Grey, Chile. miniatura|300px|Lago Grimsvötn no glaciar Vatnajökull, Islandia. Campos de xeo (tamén casquete de xeo ou casquete glacial) é o nome que reciben diversas masas de xeos continentais. Os campos de xeo son extensas áreas mesetosas rochosas cubertas por un manto de xeo, as súas marxes forman ventisqueiros que desembocan, a través de fiordes e canles, ao mar ou algún lago. Os campos de xeo sitúanse principalmente nas zonas polares e patagoas e cobren diversos accidentes xeográficos, como lagos ou enormes cadeas montañosas.
Os xeógrafos falan de campos de xeo cando a extensión cuberta por xeos e neves supera ou rolda os 50.000 km² e de inlandsis (ou xeo continental propiamente dito), cando as cubertas glaciares superan o millón de quilómetros cadrados (na actualidade existen dous inlandsis, o antártico e o groenlandés).
Segundo estudos xeolóxicos e glaciolóxicos, os campos de xeo serían restos de áreas englaciadas de moito maior tamaño formadas durante a última glaciación. Estes campos de xeo son as principais reservas de auga potable do mundo, polo que teñen un gran valor estratéxico. Na actualidade, a superficie ocupada polo xeo de xeito permanente acada os 15 millóns de km², un 10% da superficie da Terra.
Principais campos de xeo Os principais campos de xeos son: Campo de xeo Patagón Sur (Chile e a Arxentina), 16.800 km² Vatnajökull (Islandia), 8.100 km² Austfonna (Svalbard, Noruega) Penny Ice Cap (Illa de Baffin, Canadá) Campo de xeo Columbia, Alberta, Canadá Campo de xeo Patagón Norte (Chile) Campos de Tierra del Fuego (Chile)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Inlandsis
Categoría:Accidentes xeográficos