dereita|miniatura|200px|Convento de Cristo en Tomar, pormenor de pináculo revestido con cogullos.
O elemento arquitectónico cogullo, tamén crochet, colchete ou cogoilo, designa un pequeno elemento decorativo en pedra representando follas estilizadas, de uso común na arquitectura do estilo gótico.
Estes elementos combados e retorcidos xorden en repetición, e colocados á mesma distancia entre si, especialmente rematando arestas de pináculos (coroados no pico cun florón ou crista), gabletes e arcos.
No gótico primitivo estas formas simplifícanse bastante pasando a formas extremadamente traballadas no gótico flamexante, cando a profusión de decoración atinxe o auxe do estilo e se acentúa a idea de verticalidade e de movemento en dirección ao ceo.
Categoría:Elementos arquitectónicos