, nado en Ganzhou, China, o 4 de xaneiro de 1940, é un escritor en chinés. Na actualidade reside en Francia e é cidadán francés. No ano 2000 obtivo o Premio Nobel de Literatura. É dramaturgo e novelista. A súa obra máis importante é a novela Lingshan 靈山 ("A montaña da alma", 1989).

Traxectoria dereita|50px Nado na localidade de Ganzhou, na provincia de Jiangxi, estudou francés na Universidade de Pequín. Tras licenciarse, traballou como tradutor de francés na China.

A súa obra reflicte influencias do modernismo e o teatro do absurdo. Foi contratado como guionista do Teatro Popular das Artes de Pequín, onde en 1982 se representou a súa primeira obra, Juedui xinhao 絕對信號 ("O sinal de alarma"), escrita en colaboración con Liu Huiyuan. A súa segunda obra, Chezhan 車站 ("A parada de autobús") estreouse en 1983, dirixida, do mesmo xeito que Juedui xinhao, por Lin Zhaohua. Na representación, esta obra seguía a unha peza curta de Lu Xun, na que o seu protagonista acababa poñéndose na cola dunha parada de autobuses. Así, enlazábanse o final da obra de Lu Xun co comezo de Chezhan. Esta obra, a máis famosa das súas composicións para teatro, ten certas similitudes con Á espera de Godot, cun toque de darwinismo social. Na obra empréganse numerosas expresións locais, cunha linguaxe moi pequinesa, ao estilo da famosa obra de teatro Chaguan de Lao She.

A "Campaña contra a Contaminación Intelectual" emprendida polo Goberno chinés a mediados dos anos 1980, causoulle problemas coa censura, e a estrea da súa terceira obra, Yeren 野人 ("O salvaxe"), pospúxose ata 1985. A partir de 1986 prohibiuse a representación das súas obras novas.

En 1987 viaxa a París e quedou vivindo alí. Xa non volveu á China. En Francia acabou a súa obra mestra, a novela Lingshan 靈山 ("A montaña da alma", 1989).

No ano 2000 recibiu o Premio Nobel de Literatura. A noticia foi recibida con indignación por parte das autoridades chinesas, e os medios de comunicación da China continental non informaron sobre a concesión do premio. A concesión do premio Nobel deulle fama mundial. As súas obras empezaron a traducirse a moitos idiomas a partir dese momento.

Obra

A continuación listanse algunhas das súas obras máis representativas.

Novelas

Lingshan 靈山 / 灵山 ("A montaña da alma, 1989). Yige ren de shenjing 一個人的神經 / 一个人的神经 ("A biblia dun home solitario", 1999).

Obras de teatro

Juedui xinhao 絕對信號 ("O sinal de alarma", 1982) Chezhan 車站 ("A parada de autobús", 1983) Yeren 野人 ("O salvaxe", 1985)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 高行健 (La literatura china traducida en España) Entrevista con Gao Xingjian. Artigo publicado no xornal arxentino Páxina 12 tras a concesión do Premio Nobel de Literatura.

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en 1940 Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Nados en Jiangxi Categoría:Premios Nobel da China