Bélxica () (en alemán: Belgien , en francés: Belgique , en neerlandés: België ), oficialmente Reino de Bélxica () (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflíctense na historia política e mais no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica fixo parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende final da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Etimoloxía A uso máis antigo dos termos Belgae e Belgica rexistrado atopámolo no De Belo Gallico de Xulio César. O romano divide a Galia que conquistou en tres partes: os galos propiamente falando, os aquitanos e os belgas; sendo estes últimos separados dos galos polo ríos Sena e o Marne. Durante o reinado de Augusto, Marco Agripa divide a Galia en tres provincias, unha das cales leva o nome de Gallia Belgica. Esta última reorganizarase durante Domiciano que o divide en tres novas provincias, unha Gallia Belgica e dúas Xermania. A Gallia Belgica aínda máis tarde dividirase en dúas: a Belgica Prima e a Belgica Secunda. A actual Bélxica ten pouco que ver con estas antigas provincias romanas, a maior parte do seu territorio sitúase en Xermania Inferior (máis tarde chamada Xermania Secunda) e en Belgica Secunda.

Estes termos desaparecen completamente case despois das invasións bárbaras, subsistindo só baixo a pluma dalgúns clérigos. Non reaparecen senón até a segunda metade do século IX, despois da escisión do imperio de Carlomagno, coa creación da Lotarinxia. Os clérigos do tempo, máis por seguir a moda antiga que outra cousa, utilizan o termo Bélxica para designar o reino de Lotario II situado entre a Gallia de Carlos o Calvo e a Xermania de Luís o Xermánico. As denominacións Belgae, Belgica, Gallia Belgica desaparecen de novo ao século XII despois da desaparición da Lotaringia.

Historia

220px|miniatura|esquerda|As dezasete provincias (en laranxa, marrón e amarelo) e a Diocese de Liexa (en verde). esquerda|miniatura|220px|Episodio da Revolución belga de 1830, de Egide Charles Gustave Wappers (1834)

Durante os derradeiros dous milenios, a área na que hoxe se atopa Bélxica experimentou significativos cambios demográficos, políticos e culturais. O primeiro movemento de poboación ben documentado foi a conquista da rexión pola República Romana no século I a. C., seguida no século V polos francos xermánicos. Estes estableceron o Reino Merovinxio, que pasou a ser o Imperio Carolinxio no século VIII. Durante a Idade Media, os Países Baixos estaban fragmentados en pequenos estados feudais. A maior parte deles uniuse durante os séculos XIV e XV coa casa de Borgoña, formando os Países Baixos borgoñones. Estes estados gañaron o estatuto de autonomía no século XV e foron coñecidos dende entón como as Dezasete Provincias.

A historia de Bélxica pódese distinguir da dos Países Baixos dende o século XVI. A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ao norte e os Países Baixos do Sur ao sur. As provincias do sur foron gobernadas sucesivamente polos Habsburgo españois e austríacos.

Ata a independencia de Bélxica, os Países Baixos do Sur eran un territorio moi cobizado polos conquistadores, e eran o pano de fondo da maior parte das guerras franco-españolas e franco-austríacas durante os séculos XVII e XVIII. Tras as Campañas de 1794 das Guerras Revolucionarias Francesas, os Países Baixos (que incluían territorios que nunca estiveran baixo dominio dos Habsburgo, como o Bispado de Liexa) foron invadidos por Francia, rematando co mando español e austríaco na rexión. A reunificación dos Países Baixos como Reino Unido dos Países Baixos aconteceu no final do Imperio Francés, en 1815.

A Revolución belga de 1830 levou ao establecemento dunha Bélxica independente, católica e neutral, baixo un goberno provisional. Desde a instalación de Leopoldo I como rei en 1831, Bélxica foi unha monarquía constitucional e unha democracia parlamentaria. Entre a independencia e a segunda guerra mundial, o sistema democrático evolucionou dunha oligarquía caracterizada por dous partidos principais, os católicos e os liberais, a un sistema de sufraxio universal que incluíu un terceiro, o Partido Laborista, e un papel forte para os sindicatos. Nas súas orixes, o francés, que era a lingua da nobreza e a burguesía, era a lingua oficial. Dende entón, o país desenvolveu un sistema bilingüe en neerlandés e francés.

Na Conferencia de Berlín de 1885 acordouse en entregarlle o Congo ao Rei Leopoldo II como posesión privada, chamada Estado Libre do Congo. En 1908, cedeuse a Bélxica como colonia, pasándose a chamar Congo Belga. A neutralidade de Bélxica quebrantouse en 1914, cando Alemaña invadiu Bélxica como parte do Plan Schlieffen. As antigas colonias alemás de Ruanda-Urundi (actuais Ruanda e Burundi) foron ocupadas polo Congo Belga en 1916. A Liga de Nacións transferiunas a Bélxica en 1924. Bélxica foi invadida de novo por Alemaña en 1940, durante a Blitzkrieg. Estivo ocupada ata o inverno de 1944-45, no que foi liberada polas tropas Aliadas. O Congo Belga accedeu á independencia en 1960, durante a Crise do Congo, mentres que Ruanda-Urundi independizouse en 1962.

Durante o século XX, e especialmente dende a segunda guerra mundial, a historia de Bélxica estivo dominada cada vez máis pola autonomía das súas dúas comunidades principais. Este período viu un aumento nas tensións inter-comunais, e a unión do estado belga púxose a examehttp://news.bbc.co.uk/1/hi/world/europe/4545433.stm Language dispute divides Belgium, BBC News, 13 de maio de 2005. 220px|miniatura|dereita|Parlamento Europeo, BruxelasMediante reformas constitucionais nos anos 70 e 80, a rexionalización do estado unitario conduciu ao establecemento dun sistema federal estruturado en tres niveis, á creación de comunidades lingüísticas e de gobernos rexionais e á ratificación dun acordo concibido para minimizar as tensións lingüísticas. Hoxe en día, estas entidades federadas sosteñen máis poder lexislativo que o parlamento bicameral nacional, mentres que o goberno nacional aínda controla case toda a recadación de impostos, cerca do 80% das finanzas dos gobernos comunitarios e rexionais, e o 100% da seguridade social.

Tras a segunda guerra mundial, Bélxica uniuse á OTAN, cuxa sede atópase na capital do país, Bruxelas, e ao Benelux xunto cos Países Baixos e Luxemburgo. En 1951 Bélxica converteuse nun dos seis membros fundadores da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, e dende 1957 da Comunidade Europea da Enerxía Atómica e da Comunidade Económica Europea, hoxe en día, a Unión Europea a cal posúe parte das súas institucións e administracións na capital belga, incluíndo a Comisión Europea, o Consello da Unión Europea, e o Parlamento Europeo.

Política

200px|O ex-primeiro ministro Herman Van Rompuy|dereita|miniatura 200px|Bélxica é un país membro da Unión Europea e na súa capital teñen a súa sede algunhas institucións europeas|miniatura Bélxica é unha monarquía constitucional popular e unha democracia parlamentaria que se desenvolveu despois da segunda guerra mundial dun estado unitario a unha federación. A bicámara do parlamento está composta polo Senado e a Cámara dos Representantes. A actual cámara é unha mestura dos políticos e representantes das comunidades e rexións; mentres os restantes son representantes maiores de idade da poboación belga nun sistema de voto proporcional. Bélxica é un dos poucos países no que o voto é obrigatorio, tendo así unha das participacións maiores do mundo.

O goberno federal, está dominado polo Rei sobre a Cámara dos Representativos, e polo Primeiro Ministro. O número de ministros de fala neerlandesa e francesa debe ser igual segundo di a constitución Belga. O Rei ou Raíña é a cabeza do estado, aínda que os seus poderes son limitados. O verdadeiro poder teno o Primeiro ministro e os distintos gobernos do país. O sistema xudicial baséase na lei civil que provén do Código Napoleónico.

As institución políticas Belgas son moi complexas; a maior parte do poder está organizado arredor da necesidade de representar ás comunidades lingüísticas máis importantes. Dende 1970, os partidos políticos belgas dividíronse en distintas formacións para tentar de satisface-las necesidades das distintas comunidades lingüísticas. Os partidos máis importantes en cada comunidade pertencen a tres importantes familias política: os Liberais de dereita, os Demócrata-Cristiáns de centro, e os Social-Demócratas. Outros partidos importantes son os Verdes, e especialmente en Flandres, os Nacionalistas de extrema dereita. A política está influenciada polos grupos de "Lobby", coma as unións de comercio e negocios da Federación Belga.

O anterior Rei, Alberte II, sucedeu ao rei Balduíno I de Bélxica en 1993. Actualmente, o primeiro ministro de Bélxica é Yves Leterme, líder do partido democristián flamengo, claro vencedor das eleccións de xuño do 2007, quen tivo que agardar máis de nove meses para acceder ao cargo de primeiro ministro, debido ás grandes dificultades para pactar un programa con partidos das dúas comunidades do país, a flamenga e a valoa, que por lei deben estar representadas no Goberno federal. Durante eses nove meses o país estivo gobernado por un goberno provisional presidido por Guy Verhofstadthttp://www.galiciae.com/nova/4156.html Goberno provisional en Bélxica.

Leterme renunciou dúas veces á tarefa de formar un Executivo e só o logrou ao terceiro intento, cunha coalición asimétrica, composta polos partidos do flamengo Bart Somers (do Open VLD), o liberal valón, Didier Reynders (do Movemento Reformista, MR) o democristián flamengo Etienne Schoupe (do CD&V), a democristiá francófona, Joelle Milquet (CDH); e o socialista francófono, Elio Dei Rupo (PS)http://www.galiciae.com/nova/8360.html Acordo para un goberno definitivo en Bélxica.