Joseph Brodsky, nado como Iosif Aleksandrovich Brodskii (en ) en Leningrado o 24 de maio de 1940 e finado en París o 28 de xaneiro de 1996, foi un poeta ruso-estadounidense.
Traxectoria Nado nunha familia xudía, seu pai era fotógrafo e súa nai intérprete, asistiu á primaria ata os quince anos e logo converteuse en autodidacta. En 1964 foi acusado de "parasitismo social" (тунеядство) e foi condenado a cinco anos de traballos forzados, pero pasou só un ano e medio nun campo penal de Arjanguelsk, ata que a súa sentenza foi indultada en 1965. Desde entón conservou unha actitude de discreción cara ao réxime e, aínda que nunca foi afiliado á discrepancia política que tantos intelectuais compartían, si mostrou reserva na súa relación coas autoridades soviéticas, como o demostra a súa negativa a pedir visado para concorrer a un encontro internacional de poesía celebrado en Londres en 1969 e ao Festival dos Dous Mundos de Spoleto (Italia). En 1972 tivo dúas breves estadías en Viena e Londres e finalmente asentouse en Estados Unidos, onde adquiriu a súa nova nacionalidade en 1977. Nun dos seus poemas describe os obstáculos que atopou para plasmar as súas ideas e sentimentos en inglés, o seu novo idioma.
Recoñecementos Foille outorgado o Premio Nobel de Literatura en 1987 por toda unha obra que singulariza pola súa vitalidade e polo seu esforzo analítico dun universo en balance, sobre un fundamento relixioso, aínda que non testemuñal.
Obra
Obra en inglés 1972: Poems 1980: A Part of Speech 1986: Less Than One: Selected Essays 1992: Watermark 1995: On Grief and Reason: Essays 1996: So Forth: Poems 1999: Discovery
Obras en Ruso 1965: Stikhotvoreniia i poemy, Washington, D.C. : Inter-Language Literary Associates 1970: Ostanovka v pustyne, Nova York: Izdatel'stvo imeni Chekhova (Rev. ed. Ann Arbor, Mich.: Ardis, 1989) 1977: Chast' rechi: Stikhotvoreniia 1972-76, Ann Arbor, Mich.: Ardis 1977: Konets prekrasnoi epokhi : stikhotvoreniia 1964-71, Ann Arbor, Mich.: Ardis 1977: V Anglii, Ann Arbor, Mich.: Ardis 1982: Rimskie elegii, Nova York: Russica 1983: Novye stansy k Avguste : stikhi k M.B., 1962-1982, Ann Arbor, Mich.: Ardis 1984: Mramor, Ann Arbor, Mich.: Ardis 1984: Uraniia : novaia kniga stikhov, Ann Arbor, Mich.: Ardis 1989: Ostanovka v pustyne, edición revisada, Ann Arbor, Mich.: Ardis, 1989 (edición orixinal: Nova York: Izdatel'stvo imeni Chekhova, 1970) 1990: Nazidanie : stikhi 1962-1989, Leningrado : Smart 1990: Chast' rechi : Izbrannye stikhi 1962-1989, Moscova: Khudozhestvennaia literatura 1990: Osennii krik iastreba : Stikhotvoreniia 1962-1989, Leningrado: KTP LO IMA Press 1990: Primechaniia paporotnika, Bromma, Suecia : Hylaea 1991: Ballada o malen'kom buksire, Leningrado: Detskaia literatura 1991: Kholmy : Bol'shie stikhotvoreniia i poemy, San Petersburgo: LP VTPO "Kinotsentr" 1991: Stikhotvoreniia, Tallinn: Eesti Raamat 1992: Naberezhnaia neistselimykh: Trinadtsat' essei, Moscova: Slovo 1992: Rozhdestvenskie stikhi, Moscova: Nezavisimaia gazeta (edición revisada en 1996) 1992-1995: Sochineniia, San Petersburgo: Pushkinskii fond, 1992-1995, catro volúmenes 1992: Vspominaia Akhmatovu / Joseph Brodsky, Solomon Volkov, Moscova: Nezavisimaia gazeta 1992: Forma vremeni : stikhotvoreniia, esse, p'esy, Minsk: Eridan, dous volumes 1993: Kappadokiia. – San Petersburgo 1994: Persian Arrow/Persidskaia strela, con debuxos de Edik Steinberg. – Verona: * Edizione d'Arte Gibralfaro & ECM 1995: Peresechennaia mestnost ': Puteshestviia s kommentariiami, Moscova: Nezavisimaia gazeta 1995: V okrestnostiakh Atlantidy : Novye stikhotvoreniia, St. Petersburg: Pushkinskii fond 1996: Peizazh s navodneniem, compilado por Aleksandr Sumerkin. – Dana Point, Cal.: Ardis 1996: Rozhdestvenskie stikhi, Moscova: Nezavisimaia gazeta, edición revisada dun traballo publicado orixinalmente en 1992 1997: Brodskii o Tsvetaevoi, Moscova: Nezavisimaia gazeta 1998: Pis'mo Goratsiiu, Moscova: Nash dom 1996: Sochineniia, San Petersburgo: Pushkinskii fond, oito volumes 1999: Gorbunov i Gorchakov, San Petersburgo: Pushkinskii fond 1999: Predstavlenie : novoe literaturnoe obozrenie, Moscova 2000: Ostanovka v pustyne, San Petersburgo: Pushkinskii fond 2000: Chast' rechi, San Petersburgo: Pushkinskii fond 2000: Konets prekrasnoi epokhi, San Petersburgo: Pushkinskii fond 2000: Novye stansy k Avguste, San Petersburgo: Pushkinskii fond 2000: Uraniia, San Petersburgo: Pushkinskii fond 2000: Peizazh s navodneniem, San Petersburgo: Pushkinskii fond 2000: Bol'shaia kniga interv'iu, Moscova: Zakharov 2001: Novaia Odisseia : Pamiati Iosifa Brodskogo, Moscova: Staroe literaturnoe obozrenie 2001: Peremena imperii : Stikhotvoreniia 1960-1996, Moscova: Nezavisimaia gazeta 2001: Vtoroi vek posle nashei ery : dramaturgija Iosifa Brodskogo, San Petersburgo: Zvezda
Véxase tamén
Ligazóns externas En A media voz Biografía e poemas de Joseph Brodsky Fotogalería
Outros artigos
Literatura rusa
Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Premios Nobel de Rusia