Iván Alexéievich Bunin, en cirílico ruso Иван Алексеевич Бунин, nado en Voronezh o 22 de outubro de 1870 e finado en París o 8 de novembro de 1953, foi un escritor ruso. Gañou o Premio Puxquin de literatura.

Traxectoria miniatura|Iván Alexéievich Bunin|esquerdaNado na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.

Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.

Nos anos previos ao comezo da primeira guerra mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.

Obra literaria A súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente, de Aleksandr Pushkin. A partir de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero desprezou a súa prosa.

En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, coa cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio en Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias, detivérono, coñecedores da forte oposición do autor ao réxime nazi.

Obras seleccionadas

Prosa 1892-1898: Pereval 1892: Tanika 1893: Vesti s rodinî 1900: Epitafia 1901: Tuman 1902: Nadejda 1907-1911: Khram solntsa 1910: Derevnia 1913: Poslednee svidanie 1913: Pri doroge 1913: Ciaşka jizni

1915: Grammatika liubov 1915: Gospodín iz San Francisco 1916: Sîn 1924: Mitina liubov 1925: Solnecinîi udar 1925: Delo korneta Elaghina 1930: Jizn Arsenieva 1937-1944: :Tiomnîe allei 1941: Natalie 1944: Holodnaia osen

Poesia 1898: Pod otkrîtîm nebom 1901: Listopad

Véxase tamén

Outros artigos

Literatura rusa

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1933

Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Nados no óblast de Voronezh Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Premios Nobel de Rusia