O Linux Professional Institute é unha organización sen ánimo de lucro constituída en outubro de 1999, coa súa sede cerca de Toronto (Canadá). Está recoñecida como a primeira organización en impulsar e apoialo uso de Linux, código aberto e software libre.
Certificacións LPI ou LPIC As certificacións LPI, ou en inglés, LPI Certifications (LPIC) deseñáronse para certificala capacitación dos profesionais das Tecnoloxías da Información usando o sistema operativo Linux e as ferramentas asociadas a este sistema.
Deseñouse para ser independente da distribución e segue a Linux Standard Base e outros estándares relacionados.
O programa LPI baséase na realización de enquisas para establecer un nivel de certificación baseado no posto de traballo a desempeñar utilizando procesos de psicometría para garantila relevancia e a calidade da certificación.
Profesional Junior de Linux ou LPIC-1 Estado: Dispoñible actualmente. A primeira publicación data do 11 de xaneiro do 2000. Recibiu varias revisións dende entón. Prerrequisitos: Ningún Requirimentos: Pasar os exames 101 e 102 Obxectivos da certificación Ser capaz de traballar na liña de comandos Realizar tarefas sinxelas de mantemento como axudar ós usuarios, mantemento de usuarios, realización de copias de seguridade e restauracións, paradas e arranque de sistemas Instalación e configuración dun equipo de traballo e a súa conectividade á rede.
Profesional de Ubuntu, Ubuntu Certified Professional Prerrequisitos: Tela certificación LPIC-1 Requirimentos: Pasar o exame 199 Obxectivos da certificación: Entender a infraestrutura técnica de Ubuntu
Profesional Avanzado de Linux ou LPIC-2 Prerrequisitos: Ter a certificación LPIC-1 Requirimentos: Pasar os exames 201 e 202 Obxectivos da certificación Administración dun dominio pequeno ou mediano Planificación, mantemento, securización dunha rede mixta (MS, Linux) incluíndo: Servidor de rede Samba Pasarela de Internet: firewall, proxy, correo, news Servidores de Internet: Servidores web, FTP Supervisión de asistentes Aconsellar en automatización e compras
Profesional Sénior e especialista de Linux LPIC-3 Prerrequisitos: Tela certificación LPIC-2 Requirimento: Pasar os exames 301 (Core) e algún dos exames de especialización 302-306 302. Contorno mixto 303. Seguridade 304. Alta dispoñibilidade e virtualización 305. Web e Intranet 306. Correo e mensaxería
Material de Estudo aprobados LPI aprobou diverso material de estudo Linux Approved Training Material ou LATM para as súas certificacións:
Outras certificacións Existen outras certificacións Linux que se centran en distribucións particulares, mentres que LPI é agnóstica á distribución. A continuación citamos algunhas:
Programa de Certificación de Red Hat. Programa de certificación de Novell (antigamente Suse).
Véxase tamén Ligazóns externas Linux Professional Institute Linux Professional Institute en España Ubuntu Certified Professional
Categoría:Linux