Shirley Horn, nada en Washington, D.C. o 1 de maio de 1934 e finada o 20 de outubro de 2005, foi unha cantante e pianista estadounidense de jazz e de pop. A súa especialidade eran as baladas e a súa voz é suave e lixeiramente grave. É tamén unha pianista moi apreciada.
Traxectoria esencial Estudou piano desde os catro anos de idade. Tras pasar pola Howard University, Horn formou o seu primeiro trío en 1954 e foi animada na súa carreira a comezos dos sesenta por artistas tan importantes como Miles Davis e Quincy Jones. Co grupo de Davis gravaría en 1960 unha serie de concertos no Village Vanguard de Nova York. Gravou tres discos durante 1963-1965 para a compañías Mercury e ABC/Paramount; con todo, acurrunchou a súa carreira en beneficio da súa familia e fixo só actuacións esporádicas en clubs de Baltimore e Washington, D.C.. A comezos dos oitenta, empezou a gravar outra vez para SteepleChase, selo danés, sempre en formación de trío; posteriormente, tivo un grande éxito en 1987 cando empezou a gravar para Verve, asociación que foi moi produtiva; conseguiu sete nomeamentos aos Grammy (gañando un premio ao Best Jazz Vocal Album por I Remember Miles), o Premio Billie Holiday da Academia Francesa do Jazz polo seu disco de 1990 Close Enough for Love etc. En 2005 saíu á venda un recompilatorio das súas gravacións con Verve, But beautiful. The best of Shirley Horn.
Horn morreu como consecuencia dunha apoplexía. Ademais, sufría de diabetes, polo que lle foi amputado o seu pé dereito en 2001.
Discografía Live at the Village Vanguard (Can-Am, 1961) Embers and Ashes (Stereo-Craft, 1961) Loads of Love (Mercury, 1963) Shirley Horn with Horns (Mercury, 1963) Travelin' Light (ABC/Paramount, 1965) A Lazy Afternoon (Steeple Chase, 1978) At Northsea (Steeple Chase, 1981) Violets for Your Furs (Steeple Chase, 1981) All Night Long (Steeplechase, 1981) Garden of the Blues (Steeple Chase, 1984) I Thought About You (Verve, 1987; en directo) Softly (Audiophile, 1987) Close Enough for Love (Verve, 1988) You Won't Forget Me (Verve, 1990) Here's to Life (Verve, 1991) Shirley Horn with Strings (Verve, 1991) I Love You, Paris (Verve, 1992, en directo) Light out of Darkness (A Tribute to Ray Charles) (Verve, 1993) The Main Ingredient (Verve, 1995) Loving You (Verve, 1997) I Remember Miles (Verve, 1998) You're My Thrill (Verve, 2001) May the Music Never End (Verve, 2003) Marian McPartland's Piano Jazz Radio Broadcast (Concord Records, 2006)
Véxase tamén
Ligazóns externas Artigo sobre o disco But Beautiful. The Best of Shirley Horn'' en www.vervemusicgroup.com .
Categoría:Pianistas dos Estados Unidos de América Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Vocalistas de jazz Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Finadas por cancro de mama