miniatura|300x300px|Estrella Costa Brava. Servizo semellante ao Estrella Galicia. O Estrella Galicia, popularmente coñecido como o Shangai, foi un servizo ferroviario nocturno de RENFE e Renfe Operadora, operado con coches convencionais e que unía Barcelona con Vigo e A Coruña e viceversa diariamente.

Aínda que xa existían trens directos que unían Galicia con Barcelona desde 1949, a marca ou produto Estrella naceu como tal en 1984. Foi substituído o 26 de xaneiro de 2009 polo Trenhotel Galicia, servido con material remolcado de Talgo, que ofrece un maior confort e calidade, o cal implicou o aumento das tarifas.

Percorrido Saía de Barcelona-Sants, A Coruña e Vigo-Urzáiz pola tarde e chegaba ao destino no día seguinte á mañá. As ramas da Coruña e Vigo realizan xuntas o percorrido dende/a partir de Monforte de Lemos.

Treito que percorre a Galicia norte: A Coruña-San Cristovo • Betanzos-Infesta • Curtis • Lugo • Sarria • Monforte de Lemos Treito que percorre a Galicia sur: Vigo • Redondela • Porriño • Guillarei • Ourense-Empalme • Monforte de Lemos Tren conxunto: San Clodio-Quiroga • A Rúa-Petín • O Barco de Valdeorras • Ponferrada • Astorga • León • Palencia • Burgos-Rosa de Lima • Logroño • Castejón de Ebro • Tudela • Zaragoza • Lleida-Pirineus • Camp de Tarragona • Barcelona.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia do ferrocarril en Galicia

Categoría:Trens Categoría:Ferrocarril en Galicia Categoría:Longa distancia Renfe