A Autovía Ferrol - Vilalba ou AG-64 é unha vía de altas prestacións autonómica galega, que une as cidades de Ferrol e Vilalba pasando polas Pontes de García Rodríguez.

Empeza na AC-116 no límite entre os concellos de Narón e Ferrol, e liga coa AC-861 nas Pontes de García Rodríguez, continúa a prolongación ata Vilalba e alí liga coa Autovía do Cantábrico (A-8). Ten nove ligazóns, das que oito son totais e unha parcial.

Esta autovía foi construída en catro fases: a primeira Ferrol - A Casanova entre 2003 e 2004; a segunda A Casanova - Igrexafeita en 2004, a terceira Igrexafeita - As Pontes, na que as obras concluíron finalmente en setembro de 2007 con máis dun ano de atraso debido á inestabilidade dun talude; e a cuarta As Pontes - Cabreiros entre 2005 e 2008, onde enlaza coa LU-540 cara a Muras e Viveiro. Houbo gran polémica pola destrución dos restos dun Círculo Lítico que se achaban en pleno trazado da autovía.

En febreiro do 2010 foi posta en servizo o treito ata Vilalba, no treito Cabreiros - Vilalba, onde liga coa Autovía do Cantábrico, a A-8

Saídas Número de Saída Nome de Saída Estrada que liga25px Ferrol por  AC-116   AC-116 15px 1 Porto Exterior de Ferrol  N-655 15px 3 O ValMeirásPolígono Río do Pozo  AC-116 15px 6 Castro 15px 7 ValdoviñoCedeira  AC-566 15px 13 OrtigueiraViveiroFerrol  AC-862 15px 17 San Sadurniño  AC-125 15px 18 Igrexafeita  AC-861   AC-125 15px 26 EspiñaredoSomozas  AC-861 15px 31 SaaPolígono industrial de Penapurreira  AC-142 15px 33 As Pontes (Oeste)Polígono industrial de PenapurreiraA Capela  AC-861 15px 36 As Pontes (Sur)Polígono Os Airíos  AC-7003   AC-7001 15px 42 CabreirosMurasXermadeViveiro  LU-540   LU-861   LU-170 25pxVilalba  A-8  Véxase tamén

AG-64 Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Estradas da provincia de Lugo