O 30 de xuño é o 181º día do ano do calendario gregoriano e o 182º nos anos bisestos. Quedan 184 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1111 - Munia Froilaz, da casa de Traba, funda o Mosteiro de San Salvador de Pedroso en Narón.

1937 - Executados en Santiago de Compostela os republicanos de Padrón Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Luis Villaverde Lapido, José Montes e Manuel Hermida Pintor.

1941 - Executados en Lugo os guerrilleiros antifranquistas Marcelino Sánchez Iglesias, Carlos Quintana Vázquez, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N. 2005 - Michael E. Brown, Chad Trujillo, David Rabinowitz, e o seu grupo de colaboradores descobren a lúa do planeta anano Haumea, Namaka.

2005 - En España, o Congreso dos Deputados aproba a Lei de Reforma do Código Civil que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Nacementos miniatura|100px|Susan Hayward. 1906 - Anthony Mann, director de cine estadounidense (m. 1967). 1917 - Susan Hayward, actriz dos Estados Unidos de América (m. 1975). 1959 - Xosé Antonio Ventoso Mariño, escritor e político galego. 1959 - Vincent D'Onofrio, actor estadounidense. 1963 - Xosé Carlos Caneiro, escritor galego. 1966 - Mike Tyson, boxeador estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Henri Rochefort. 1800 - Thomas Townshend, político inglés (n. 1732). 1817 - Abraham Gottlob Werner, xeólogo e mineraloxista alemán (n. 1749). 1885 - Guilhermina Suggia, violonchelista portuguesa. (n. 1885). 1895 - Jacinto Romualdo López, escritor e político galego (n. 1808). 1913 - Henri Rochefort, escritor, xornalista e político francés (n. 1830).

1919 - John William Strutt, físico británico (N. 1842). 1984 - Lillian Hellman, escritora dos Estados Unidos de América (n. 1905). 1979 - Avelino Barrio Pérez, médico e herpetólogo arxentino de orixe galega. (n. 1920). 1988 - Prudencio Landín Carrasco, avogado e político galego (n. 1912). 2009 - Pina Bausch, coreógrafa alemá (n. 1940). 2015 - Lynn Anderson, cantante estadounidense (n. 1947).

Festas e celebracións Día Internacional dos Asteroides Día Internacional do Parlamentarismo

Festas cristiás Na Igrexa Católica: San Marcial San Teobaldo de Provins Primeiros Mártires da Igrexa de Roma Nas Igrexas Ortodoxas San Miguel de Atenas Santo André Bogoliubski

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Xuño