O termo celta ou céltico pode referirse a:

Historia Celta, un pobo que no século I a.C. se estendía por gran parte de Europa, desde a actual Turquía até Galicia; Lingua protocéltica, protocelta ou tamén chamado celta común, a suposta lingua predecesora de tódalas linguas celtas coñecidas. Linguas celtas, unha rama das linguas indoeuropeas nas que se inclúen o irlandés, o gaélico escocés, o galés, o córnico e o bretón, así como todas aquelas linguas mortas desta familia que antano se falaron en Europa; Celta P, un grupo de linguas célticas faladas na antigüidade e na actualidade; Celta Q, outro grupo deste tipo de linguas. Linguas célticas continentais, linguas célticas, hoxe extintas, que se orixinaron e se falaron no continente europeo (en contraposición do que se denomina celta insular); Moeda celta, moeda que foi acuñada polos pobos celtas dende finais do século IV ata o século I a. C.; Invasión celta dos Balcáns, varias tribos da Cultura de La Tène que comezaron migrar cara a Península dos Balcáns a partir do s. IV a. C.; Celtas en Transilvania, apareceron no período tardío da Cultura de La Tène, s. IV a. C. Militarismo celta, historia bélica dos celtas que se estende dende a Idade de ferro ata a era romana; Calendario celta, variedade de calendarios usados polos pobos celtas en diferentes épocas da súa historia; Politeísmo celta, comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de ferro; Mitoloxía celta, é unha serie de relatos do paganismo celta na Idade de ferro; Deuses celtas, deuses da mitoloxía celta. Música celta, fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualla (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; Lei celta, códigos de lei que foron usados no pasado polas nacións celtas dende a Idade Media; Irlanda celta, refírese á orde política establecida en Irlanda até a conclusión da reconquista Tudor; A Cova Céltica, faladoiro que mantiñan desde 1893 un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, que se reunían na librería de Uxío Carré Aldao na Coruña.

Arte Arte celta, corrente da arte asociada aos pobos célticos; Cruz celta, Nó celta, Labirinto celta, Fíbula celta etc., elementos de decoración ou ornamentación na cultura celta.

Lexicoloxía Lista de palabras galegas de orixe celta, palabras galegas de orixe celta, algunhas comúns co portugués, podendo proceder dunha palabra latína como préstamos de orixe celta; Topónimos celtas en Galicia, é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais de etimoloxía céltica; Topónimos celtas en Portugal, diversas localidades con toponímica celta citadas polos autores antigos na área que corresponde co actual Portugal.

Xeografía Mar Céltico, área do océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda.

Sociedade e cultura Estudos celtas, disciplina académica que se ocupa do estudo de calquera aspecto cultural relacionado co pobo celta; Festival Internacional do Mundo Celta, festival de música folk tradicional das nacións celtas que se celebra cada verán na vila de Ortigueira; Congreso celta, unha organización cultural que ten como obxectivo preservar e promover as linguas célticas; Rexurdimento celta, o revivir do interese pola cultura, os mitos, lendas e a literatura dos "pobos celtas" que se produciu en Europa na segunda metade do século XVIII e continuou durante o Romanticismo até o século XX; Nacións celtas, conxunto de países que comparten o uso de linguas celtas ou trazos culturais atribuíbles á devandita cultura; Celtismo, movemento social e cultural que trata de pór en valor a identidade céltica dentro dun determinado territorio; Instituto Galego de Estudos Célticos, unha asociación cultural creada no ano 2009 que ten como obxectivo principal promover a investigación multidisciplinar no campo dos estudos celtas en Galicia, norte de Portugal e o marco atlántico europeo. Rock celta, xénero do folk rock que xorde da fusión entre elementos da música celta e a música rock; Celtas Cortos, grupo español de música rock con influencias do folk; Celtic Woman, grupo de música celta xurdido en Irlanda no ano 2004.

Prensa escrita El Celta, periódico publicado en Corcubión entre 1901 e 1902; Vida Céltica, revista semanal que se comezou a publicar en Vigo no ano 1925; El Agro Celta, foi un periódico editado en Ponteareas en 1926; Raza Celta, foi un periódico editado en Montevideo entre 1934 e 1935.

Deporte Real Club Celta de Vigo, un equipo de fútbol da cidade de Vigo; Celta de Vigo B, o equipo filial do Celta de Vigo; Real Club Celta Baloncesto, é un club de baloncesto feminino con sede na cidade de Vigo; Celta de Vigo (atletismo), o equipo do Celta de Vigo no deporte do atletismo. Celtic de Glasgow, un equipo de fútbol escocés da cidade de Glasgow; Celtic Park, é o estadio de fútbol do Celtic F.C. Liga celta de rugby, competición deportiva de rugby entre as nacións celtas.

Actividade económica Porco celta, raza porcina; Leite Celta, empresa de orixe galega de envasado de leite e derivados lácteos; Gallaecia Celta, marca de cervexa galega; El Celta, compañía de autobuses fundada en Santiago en 1954 que facía a liña Santiago-Ribeira. No ano 2001 quedou baixo control de Arriva desaparecendo como marca nas estradas; Edicións Celta, empresa editorial galega fundada en Lugo no 1938. Editorial Celta, compañía editorial galega da cidade da Coruña; Tigre celta, termo que se refire ao rápido crecemento da economía irlandesa durante os anos noventa do s. XX; Celtas, marca de tabaco española; Conservera Celta, fábrica conserveira da cidade da Coruña; Chevrolet Celta, é un automóbil de turismo do segmento B de baixo custo fabricado por Chevrolet no Brasil para Latinoamérica; Celta, servizo ferroviario entre Vigo e Porto prestado pola empresa estatal de transporte Comboios de Portugal e a española Renfe Operadora.

Política Liga Céltica, é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, a Bretaña, Cornualla e a Illa de Man.

Relixión Neopaganismo celta, movemento aparecido a finais do século XIX que tentou recuperar o paganismo celta, trátase dun sistema relixioso panteísta, animista e politeísta. Wicca celta, é unha rama da relixión Wicca, que combina elementos clásicos da Wicca con elementos da mitoloxía celta.

Véxase tamén Outros artigos 20px El Celta

Ligazóns externas Documental: El Legado Celta de Galicia, en castelán.