Vigo é unha parroquia civil, unha entidade singular, a efectos censuais, e unha cidade do concello de Vigo que limita coas parroquias de Alcabre, Navia, Matamá, Castrelos, Freixeiro, Sárdoma, Lavadores, Candeán e Teis.
Demografía Segundo o IGE, no ano 2022, tiña 198.293 habitantes (92.401 homes e 105.892 mulleres).
Xeografía Abrangue o espazo das vellas parroquias de Santa María de Vigo e Santiago de Vigo, xunto co resto de territorio que foi absorbendo a cidade, en detrimento das vellas parroquias. No IGE tamén se computan os habitantes doutras parroquias históricas, como Coia e Bouzas , ademais de barrios novos como Balaídos, A Dobrada, O Calvario, As Travesas, A Florida, San Paio, San Xoán do Monte...
Monumentos Os monumentos máis destacados son a Colexiata de Santa María de Vigo, do 1816, e a imaxe do Cristo da Vitoria, realizada en torno ó 1680. No Castro varias escavacións arqueolóxicas remataron co achado de construcións pertencentes ós séculos II a.C. ata o III d.C. Tamén en pleno centro urbano, localizouse un importante sitio arqueolóxico romano baixo restos dos séculos XIX, XVII e medievais.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vigo Centro na páxina do Concello de Vigo.
Categoría:Vigo Categoría:Parroquias de Galicia sen advocación