Calímaco (Καλλίμαχος), nado en 310 a.C. e finado en 240 a.C., foi un poeta e erudito, nado en Cirene, descendente dunha familia nobre.
Traxectoria Abriu unha escola nos suburbios de Alexandría, e algúns dos máis distinguidos gramáticos e poetas foron os seus alumnos, destacándose Apolonio de Rodas.
Recibiu de Tolomeo II o encargo de ordenar a biblioteca de Alexandría, cargo que exerceu ata a súa morte. Aínda que nunca o nomearon bibliotecario xefe, foi responsable da produción do catálogo de todos os volumes que figuran na Biblioteca, sendo de tal envergadura a súa tarefa que é considerado o pai dos bibliotecarios (ou polo menos dos catalogadores). A clasificación e ordenación dos autores foi de gran valor para os posteriores estudos bibliográficos e literarios realizados sobre o período clásico. Obra Da súa obra poética conserváronse algúns fragmentos, seis himnos e 63 epigramas, así como un breve poema épico, Hecale, co que se reafirmou na súa particular concepción da epopea, sobre a cal polemizou con Apolonio de Rodas, discípulo seu.
A súa obra máis coñecida é o poema A cabeleira de Berenice, que chegou a nós, con todo, non na súa versión orixinal, senón a través dunha imitación de Catulo.
Calímaco tiña unha especial visión da literatura, o que o sitúa dentro do helenismo como un dos seus máximos expoñentes. Apreciaba a Homero e chegou a consideralo como inimitable; con todo rexeitaba a épica e outros xéneros herdados nos que se intentase por extenso e coa linguaxe pretensiosa da alta poesía desenvolver un argumento unitario e orgánico. A escola de Calímaco era antiaristotélica ao rexeitar a unidade, a perfección e a extensión defendidas por Aristóteles. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha de Calímaco no sitio Theoi (búsquese en "3RD CENTURY B.C. - 11"); en inglés. Pierre Alexis Pierron: Historia de la literatura grega (Histoire de la littérature grecque, 1850). Entrada de «Calímaco» (Callimaque). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011); ed. de Hachette, 1875: a entrada de Calímaco, a continuación da de Licofrón. Sobre Calímaco, en francés, no sitio de Philippe Remacle. Calímaco: Himnos. Texto bilingüe grego - español en PDF; os himnos, a partir da páx. 16 do libro (páx. 17 da reprodución electrónica). I: A Zeus: páx. 17. II: A Apolo: páx. 21. III: A Artemisa: páx. 25. IV: A Delos: páx. 35. V: Ao Baño de Palas: páx. 47. VI: A Deméter: páx. 52. Texto francés, con comentarios no mesmo idioma, no sitio de Ph. Remacle. Calímaco: Epigramas. Texto francés, con comentarios no mesmo idioma e táboa que presenta en grego o comezo de cada poema, no sitio de Ph. Remacle. Ed. en París, en 1907. Obras de Calímaco no Proxecto Perseus: 1; 2. Textos de Calímaco en grego, en Wikisource.
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Nados en -310 Categoría:Finados en -240 Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Bibliotecarios de Alexandría Categoría:Personalidades de Cirene na Antigüidade