''Para unha illa de nome similar preto da Antártida, véxase Illa James Ross

A Illa de Ross está formada por tres volcáns no mar de Ross da Antártida, fronte á costa da Terra de Vitoria no Estreito de McMurdo a . A súa área é de 2.460 km². Só unha pequena parte da illa está libre de xeo e neve. Sir James Clark Ross descubriuna en 1841, e foi logo nomeada na súa honra por Robert F. Scott. Alberga o volcán dormente Monte Terror, de 3.230 metros de altura, e o Monte Erebus, de 3.794, son os volcáns activos máis austrais da Terra. Ambos foron nomeados por Ross polos seus barcos de nomes respectivos. A terceira maior elevación é o Monte Byrd, nomeado polo explorador estadounidense Richard E. Byrd.

A illa é reclamada por Nova Zelandia como parte da Dependencia Ross, pero esta reclamación está en suspenso en virtude do Tratado Antártico.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mar de Ross Ligazóns externas Map of Ross Island and Dry Valleys, NIWA New Zealand Coastal-change and Glaciological Map of the Ross Island Area, Antarctica, 1962-2005 United States Geological Survey

Ross Ross