Emilio Rodríguez Barros, nado o 28 de novembro de 1923 en Ponteareas e finado o 20 de febreiro de 1984, foi un ciclista galego.
Pertencente a unha familia de tradición ciclista con catro profesionais (el e mais os seus irmáns Delio Rodríguez, Manuel Rodríguez Barros e Pastor Rodríguez Barros, ademais da tamén competidora Aurita Rodríguez), empezou a súa carreira como profesional a mediados dos anos corenta. En 1946 consegue o seu primeiro título vencendo na Volta a Galicia e quedando de oitavo na Vuelta a España. O seu maior éxito foi conseguir a vitoria da Vuelta de 1950, onde ademais gañou cinco tiradas e o mailló da montaña, que xa obtivera en 1946 e 1947. Só participou unha vez no Tour de Francia, en 1954, cando xa a súa carreira como ciclista estaba rematando, e rematou de 43º. Ese mesmo ano obtiña o campionato de España de ciclismo en estrada.
Palmarés 1946 Volta a Galicia 20px Vencedor da montaña na Vuelta a España 8º na Vuelta a España
1947 Volta a Galicia Volta a Asturias Volta a Cataluña 1 tirada da Vuelta a España 20px Vencedor da montaña na Vuelta a España 4º na Vuelta a España
1948 Volta a Cataluña Volta a Valencia 2º na Vuelta a España
1950 20px 1º na Vuelta a España 5 tiradas da Vuelta a España 20px Vencedor da montaña na Vuelta a España
1954 Campión de España de ciclismo en estrada 43º no Tour de Francia 4º na Bicicleta vasca
1955 Volta a Galicia 24º na Vuelta a España 5º na Volta a Asturias
1956 11º na Vuelta a España
1957 43º na Vuelta a España
Véxase tamén Outros artigos Galegos na Vuelta a España Galegos no Tour de Francia Galegos no Giro de Italia
Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Gañadores da Vuelta a España Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes