Durante os últimos vinte anos o goberno transformou a Nova Zelandia dunha economía agraria e dependente do mercado británico nunha economía de mercado máis industrializada que pode competir globalmente. Nova Zelandia encádrase entre os países desenvolvidos, cun PIB estimado no 2010 en 119,6 mil millóns de dólares estadounidenses. O país conta cun alto nivel de vida, cun PIB per cápita estimado de US$ 28.000. Tamén foi clasificado, no ano 2006, no posto vixésimo no Índice de Desenvolvemento Humano que elabora a Organización das Nacións Unidas.
Un dos principais produtos que exporta o país é o kiwi. Ademais destínase unha ampla superficie a pastos para obter produtos como carne, lácteos e la, vendidos tanto a nivel mundial como ao seu principal socio comercial Australia. Con máis de dez millóns de cabezas de gando vacún, o sector agrario emprega ao 10% da poboación activa e contribúe nun 8% ao produto interno bruto.
A principios da década dos 70, a adhesión do Reino Unido á Comunidade Económica Europea contribuíu a que se producise un estancamento da economía neozelandesa, que tivo que orientarse cara a países de América Latina e o Xapón.
Notas