Ata a segunda metade de 2008 a economía do Sudán creceu rapidamente grazas ó aumento da produción e dos prezos do petróleo, así como do investimento estranxeiro. O crecemento anual superou os 10% entre o 2006 e o 2007. O país comezou a exportar petróleo en 1999.

Dende o 1997 o país traballa co Fondo Monetario Internacional para poñer en funcionamento reformas macroeconómicas, incluíndose a flutuación da taxa de cambio. A produción agrícola permanece importante, pois emprega 80% da forza de traballo.

Notas

Sudan Categoría:Sudán