O Hidria Segundo é un barco de vapor galego construído entre os anos 1963 e 1966 para a empresa galega Aljibes de Vigo. Tras ser abandonado en 1994, foi restaurado entre 1997 e 2005. Hoxe en día, xunto co vapor La Palma de 1912, son os dous únicos barcos de vapor antigos operativos en España.La etapa más complicada de Quico Taronjí: Galicia y la temida 'Costa da Morte'. RTVE.es. Actualmente é un barco museo en Vigo.El Hidria II regresa a Vigo para convertirse en un buque museo. La Voz de Galicia (11 de abril de 2022).
Construción e historia O Hidria Segundo construíuse no estaleiro xa desaparecido José Roberto e hijos (Teis, Vigo) entre os anos 1963 e 1966, cuxa finalidade inicial era a de servir de alxibe para a empresa Aljibes de Vigo para fornecer auga de manancial a mercantes, transatlánticos e pesqueiros na ría de Vigo. O manancial estaba situado na canteira de Meira e a empresa tiña un peirao propio nas inmediacións, onde o barco atracaba e cargaba até 240 toneladas.
A maquinaria de vapor herdouna do seu antecesor o Hidria, que comezou a traballar para a mesma empresa en 1922 e afundiuse no porto de Vigo en 1959, tras o cal foi reflotado e despezado, conservándose a maquinaria de vapor para instalarse posteriormente no novo barco, bautizado Hidria Segundo. A empresa crebou en 1994 e deixou abandonados no porto de Vigo os seus dous últimos barcos, o Roberto e o Hidria Segundo. O Hidria Segundo restaurouse e reconverteuse en museo, albergue e barco de pasaxeiros.
Rescate e restauración thumb|esquerda|Proceso de restauración da cántara ou bodega do barco. En 1997 o vapor Hidria Segundo afundiuse e levouse a despezamento. Jacobo Costas e Sesé Otero comprárono para restauralo como barco museoAmigos del Hidria Segundo. e de pasaxeiros a vapor, formando tamén para iso a empresa Vapores del Atlántico S. L. Nese intre estaba tamén despezándose o Campaláns, cuxo despece rematou en 1997.
Os comezos foron difíciles xa que tras a compra debía asumirse a débeda de 2.500.000 pesetas contraída co porto de Vigo, mais condonouse por intercesión do cónsul honorario de Francia en Vigo, Jean Desclos. Logo tívose que pasar unha primeira inspección para poder levalo de remolque dende Vigo até O Grove, o porto onde viven os armadores. A venda dun motor Caterpillar dun intento anterior de restauración dun barco fixo posíbel pasar esta inspección. Chegado xa ao Grove, fíxose un plan de traballo para cometer a menor cantidade de erros durante a restauración, xa que non se tiña a posibilidade de acometela nun estaleiro.
Entre 1997 e 1999 despezouse o gardacalor, a ponte de goberno, os tabiques da cántara onde levaba a auga e restaurouse a cuberta por completo. Isto fíxose á boia na dársena de Porto Meloxo.
Entre 2000 e 2001 calafateouse a cuberta, restaurouse o virador das áncoras, reforzouse a quilla cun U de ferro, e fíxoselle unha proba de presión á caldeira. Para iso o barco varouse de maneira artesanal en Tragove, Cambados.
Entre abril e novembro de 2001, despois de recibir unha subvención do 50 % por Patrimonio Histórico cultural, realizouse a primeira fase importante de restauración do casco e superestrutura no estaleiro Joaquín Castro, na Guarda. Logo de remolcalo de novo ao Grove, pero esta vez ao porto pesqueiro, continuouse coa montaxe da balaustrada e acondicionamento do salón bodega (a antiga cántara) para actividades culturais.
No ano 2003 recibiu outra subvención tamén do 50 % e xa se restaurou e acondicionou a sala de máquinas, ponte de goberno e medidas de salvamento, contra incendios etc., conseguindo o 1 de abril de 2005 navegar de novo a vapor pero xa como barco museo, e de pasaxeiros un ano despois.
Para poder levar isto adiante Jacobo Costas vendeu a súa casa e Sesé Otero a batea de cultivo de mexillónLa odisea del único barco de vapor. El Mundo. que foi o seu sustento durante a restauración.
En 2022 estableceuse como barco museo en Vigo.El Hidria II regresa definitivamente al puerto de Vigo. Cadena Ser (06/04/2022).
O Barco da Memoria miniatura|Cuberta do Hidria Segundo. O Barco da Memoria foi o nome co que se denominou ao barco durante o período no que aloxou a exposición Os Mártires do Mar, unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para dar a coñecer a represión franquista no tecido asociativo mariñeiro.
A iniciativa, inserida dentro dos actos do Ano da Memoria (2006), comezou o 17 de xullo no porto de Cambados, cun discurso do escritor Manuel Rivas, e rematou o 8 de setembro en Vilagarcía de Arousa. Durante o periplo, no que recalou en dezaoito vilas galegasEntre outras, Moaña, Baiona, Marín, O Grove, a Illa de Arousa e varios portos do Barbanza., a exposición tivo unha afluencia de 31.110 persoas.
Baixo este título realizouse tamén un documental para televisión nunha coprodución entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego en base ao o traballo do comisario da exposición, Dionisio Pereira. A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007. Foi emitido tamén vía satélite e a través de Internet o 17 de febreiro de 2007.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"O Barco da Memoria inicia en Cambados a súa viaxe: unha viaxe para espantar o esquecemento", La Voz de Galicia, 16.07.2006.
Outros artigos Bou Eva Nuevo Emden Vítimas da guerra civil en Galicia As vítimas, os nomes, as voces e os lugares
Ligazóns externas
Categoría:Barcos de 1966 Categoría:Barcos de vapor Categoría:Museos de Vigo Categoría:Buques museo Categoría:Guerra civil española en Galicia