A Enciclopedia de aperturas de xadrez (tamén coñecida polas súas siglas en inglés: ECO) é unha obra de referencia, que apareceu primeiro como unha publicación en cinco volumes que se publicou en Serbia entre 1974 e 1979, que aborda sistematicamente as aperturas de xadrez. As xogadas foron seleccionadas entre millóns de partidas entre mestres e das análises publicadas no Informador de Xadrez desde 1966, compilados por notables xogadores de xadrez. Tanto a enciclopedia como a revista publícaos a compañía serbia (antes iugoslava) Šahovski informator, con sede en Belgrado.
En lugar dos nomes tradicionais das aperturas, a enciclopedia desenvolveu un sistema para codificalas, que se converteu nun estándar utilizado por moitas outras publicacións. Existen 5 categorías principais (A-E), cada unha das cales se divide en 100 subcategorías.
Principais códigos ECO Véxase a lista de aperturas de xadrez para mais detalles completos A Aperturas irregulares: Cando os primeiros pasos das pezas brancas son distintos de 1.e4, 1.d4: (A00-A39). Respostas atípicas a 1.d4: 1...sin 1 ...d5, 1... Cf6: (A40-A44) Respostas atípicas a 1...Cf6: 1. d4 Cf6 2. sin 2. c4: (A45-A49) Sistemas indios atípicos: 1.d4 Cf6 2. c4 sin 2... e6, 2... g6: (A50-A79) Defensa holandesa 1.d4 f5: (A80-A99) Apertura Inglesa:1. c4 g6 Apertura Bird: 1.f4
B A maior parte das defensas semiabiertas: 1.e4 R' 1... e5, 1... e6, 1... c5, 1...d5, 1...c6. Defensa Escandinava: 1. e4 d5 2. exd5. Defensa Alekhine: 1.e4 Cf6. Defensa Pirc: 1.e4 d6. Defensa moderna: 1.e4 g6. Defensa Caro-Kann: 1.e4 2.c6 Defensa Siciliana: 1.e4 c5.
C Defensa francesa: 1.e4 e6. Aperturas de peón de rei: 1.e4 e5:.(Apertura italiana, Apertura española, Apertura Vienesa, Apertura de alfil...)
D Aperturas de peón de dama: 1.d4 d5.(Gambito de dama, Apertura Veresov,...) Defensa Grunfeld: 1.d4 Cf6 2. c4 g6 d7-d5:
E Sistemas indios con ...e6: 1.d4 Cf6 2. c4 e6: Sistemas indios con ...g6 (excepto a defensa Grunfeld): 1.d4 Cf6 2. c4 g6 ' d7-d5: Apertura Catalá: 1. d4 Cf6 2 c4 e6 3 g3
Categoría:Aperturas de xadrez Categoría:Obras literarias en serbio