Walter Houser Brattain, nado en Xiamen (China) o 10 de febreiro de 1902 e finado en Seattle (Washington) o 13 de outubro de 1987, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.
Traxectoria Naceu na cidade de Xiamen, situada na provincia chinesa de Fujian. Estudou no Whitman College de Walla Walla, no Estado de Washington, licenciándose en física e matemáticas en 1924.
Investigacións científicas Tras traballar como físico na división de radio do Instituto Nacional de Modelos e Tecnoloxía, o 1929 incorporouse aos Laboratorios Bell. O seu principal campo de investigación foi o estudo das propiedades das superficies dos sólidos, e en particular a da estrutura atómica dun material a nivel superficial, a cal difire da do interior. Xunto aos físicos norteamericanos William Shockley, director do proxecto, e John Bardeen inventaron un pequeno dispositivo electrónico denominado transistor. Anunciouse por primeira vez en 1948 e acabouse o 4 de xullo de 1951, empregándose comercialmente en radios portátiles, audífonos e outros aparellos.
No ano 1956 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Shocley e Bardeen, pola súa investigación en semicondutores e polo descubrimento do efecto transistor.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1956 .
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Fujian Categoría:Físicos cuánticos