Ángel Urzaiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria Naceu en El Puerto de Santa María, sendo fillo de dous galegos: o coruñés Antonio Urzaiz Castro, brigadier da Armada e secretario do Rei e a viguesa María Dolores de la Cuesta y Núñez.

Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid, colaborou como xornalista en El Correo, Los Debates e a Revista de España. Iniciou a súa carreira política como deputado por Vigo nas eleccións de 1881. Nas eleccións de 1884 non logrou o escano por Vigo, pero en 1886 resulta elixido polo distrito de Lalín nunha elección parcial pola renuncia como deputado de Antonio Aguilar Correa, volvendo ser elixido por Lalín en 1888. A partir de 1893 volveu ser deputado polo distrito de Vigo en todas as eleccións celebradas ata 1920. En 1922 accedeu ao Senado como senador vitalicio. miniatura|Pazo Cadaval, Nigrán. Casou en maio de 1883 con Adela Cadaval Muñoz, señora do pazo de Cadaval de Nigrán, coa que tivo dous fillos: Elodia e Joaquín Urzaiz Cadaval.

Foi Subsecretario de Gobernación en 1887, Gobernador civil de Córdoba e Intendente en Cuba ata a perda da colonia en 1898, logo do seu regreso a España foi ministro de Facenda entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902 nun gabinete Sagasta. Posteriormente, entre o 23 de xuño e o 18 de xullo de 1905, asumiu novamente a carteira de Facenda nun goberno que presidiu Eugenio Montero Ríos véndose obrigado a dimitir pola concesión duns créditos destinados a paliar a crise económica de Andalucía. Finalmente volveu dirixir o Ministerio de Facenda entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916 nun gabinete Romanones.

En 1908 fundou o xornal liberal La Voz de Vigo.

Rueiro co seu nome Ángel Urzaiz conta cunha céntrica rúa viguesa co seu nome, un dos eixes da cidade. Tamén, cunha praza en Gondomar e con outra rúa en El Puerto de Santa María. Á rúa viguesa déuselle ese nome a finais do século XIX, aínda que entre 1937 e 1979 mudou o nome para rúa de José Antonio.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas , Rafael (2006). "El pazo de Cadaval-Urzáiz, en Nigrán" pp. 191-210. Revista de Estudios Provinciais n.º 21. Deputación de Pontevedra .

Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en El Puerto de Santa María Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Senadores de España