''Non se debe confundir con: Pedro Sarmiento, dirixente da revolta anticonversa de Toledo de 1449 ou Pedro Sarmiento de Gamboa, navegante e historiador do século XVI.

Pedro Gómez Sarmiento y de Ulloa, nado en Ribadeo en 1478 e finado en Lucca (Italia) o 31 de outubro de 1541, foi un cardeal galego.

Traxectoria Fillo de María de Ulloa e neto de Pedro de Villandrando, Conde de Ribadeo. Foi bispo das dioceses de Tui (1524), Badaxoz, Palencia, (1525-1534), e arcebispo de Santiago de Compostela, (1534-1541). Foi nomeado cardeal polo papa Paulo III o 18 de outubro de 1538, durante o reinado de Carlos I. En Roma usaba o pazo do cardeal Altemps, sede de cardeais españois na Roma renacentista, que ostentaban a denominación cardinalicia de Santiago. Irmán de Alonso Sarmiento (prior de Aracena, Huelva), a monxa María Sarmiento e de Ana Sarmiento, esposa de Alonso de Aragón, Conde de Ribagorza e Duque de Villahermosa.miniatura|"Episcopológio tudense" publicado por Galicia Diplomática en 1892.|centro

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1610) Antigvedad de la civdad, y iglesia cathedral de tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella, páxina 404.

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Cardeais creados por Paulo III Categoría:Nados en 1478 Categoría:Finados en 1541 Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Cardeais de España Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos da diocese de Palencia